Tarefas 3ª Avaliación. Data tope de entrega 11 de xuño. A tarefa final sempre será unha entrada de blogue.
Itinerario 1. Debuxo 3D
Cada semiequipo escollerá tantas pezas como membros do seguinte repositorio de Pedro Landín en SketchUp 3D Warehouse que encaixe nun cubo de 4 x 4 cm (medidas interiores múltiplos de 1 cm) e as realizará cos seguintes programas:
SketchUp. Offline. Podedes probar my.SketchUp (beta), unha versión online. na miña canle.
BlocksCad. Online, require rexistro. na miña canle.
OpenScad. Offline. Software Libre. (pendente de instalar nos equipos).
TinkerCad. Online, require rexistro. na miña canle.
Pezas posibles: 19 - 45 - 36 - 37 - 25 - 44 - 31 - 39 - 21 - 47 - 48 - 28 - 33 - 17 - 32 - 23 - 40
A avaliación realizarase sobre a vosa entrada de blogue que recolla a experiencia, especialmente a comparada entre as 4 aplicacións. A entrada final recollerá as imaxes das pezas imprimidas (espero).
Logo da experiencia de análise comparativa pasamos a probar os repositorios de obxectos 3D como Thingiverse. Localiza unha peza editable, báixaa, modifícaa un pouco e publica o proceso na mesma entrada.
Enviade nesta tarefa o enlace (hiperenlazado, que abra en xanela nova e que teña título ou descripción do fai o enlace) á entrada do blogue que recolla todo o traballo.
Itinerario 2. Audiolibro.
Recursos: Cuentos clásicos para niños, Sons e efectos no lateral esquerdo da Aula Virtual.
Fontes de inspiración: LibriVox, Leer Escuchando,
Opción 2 (continuación da Opción 1): vídeo do audiolibro a partires de imaxes fixas CC, editado con MovieMaker ou similar.
Fontes de inspiración: Cuentos populares de Castilla y León,
Itinerario 3. App Concurso.
As indicacións dos organizadores do concurso son (para envío por correo electrónico individual):
- Título da aplicación
- Descrición do que fai a aplicación
- Autores: nome, centro educativo, curso..
- 3-4 capturas de pantalla do funcionamento da aplicación
- As capturas de pantalla que recollan a interface gráfica e a programación por bloques
- Apk da aplicación
Os apartados 4 e 5 ímolos condensar nunha presentación que se enviará en formato PDF (se inclúe vídeo irá enlazado).
A presentación comezará cunha portada que inclúa Título da App, Aurores, Centro e curso (se hai logotipo podería ir aquí, valorádeo). A segunda diapositiva pode conter a descripción ou sinopse da App (coa pantalla inicial seguramente). Posteriormente virían 3 apartados:
- Capturas de funcionamento.
- Capturas de interfaz gráfica do .aia.
- Capturas da programación por bloques.
Estas dúas últimas poderían ir alternando por contidos ou screens.
Para o concurso: enviádeme un correo electrónico por equipo coa presentación en PDF e o APK antes do 21 de maio para velo e ter tempo de corrixir algo se fose preciso.
Para TIC 1: enviade nesta tarefa o enlace á entrada do voso blogue persoal onde estea todo o proceso e o comentado na liña anterior.
Itinerario 4. Vídeo.
Neste proxecto damos por suposta a creatividade e centraremos a nosa atención nos detalles e en todo o proceso que acompaña a toda creación audiovisual.
Tedes unha planilla de planificación en papel que debería servir para ordear ideas e xestionar posteriormente a grabación e edición. Deberedes entregala cuberta, das poucas cousas que ides entregar en analóxico!
O outro documento analóxico será a Autorización para a difusión na rede dun audiovisual escolar, deberedes editalo e empregalo para cubrir (simuladamente) as responsabilidades derivadas da cesión de datos de carácter persooal dos participantes (actores).
Nesta liña máis legalista tamén debedes lidiar cos Dereitos de Autor e a Propiedade Intelectual, respectandoos tanto no emprego de recursos alleos como na licencia da vosa obra.
E todo esto tédelo que fundir e difundir mediante unha entrada de blogue que, ademáis de recoller todo o anterior, debe percorrer todo o proceso creativo dende a proposta da actividade ata a obtención do audiovisual final pasando por cantas fases de documentación, reflexión, planificacion, grabación, edición, etc. houbese. É importante neste punto destacar os problemas e os erros así de como se resolveron, ou non, porque a aprendizaxe soe ser máis profunda canto máis difíciles son as circunstancias ou o reto persoal, non digamos xa se é colectivo.
No aspecto formal da entrada do blogue xa sabedes: corrección ortográfica e gramatical, composición de textos e imaxes, referenciado, hipervínculos, lectura cómoda tanto polo contido como pola elección de fondos e fontes empregadas, esas cousas que soédes facer.
Lembrade que o blogue é o portafolio, o medio que recolle o proceso de aprendizaxe, a materialización do seu diario, relevante tanto polo autorecoñecemento do aprendido como polo seu carácter divulgativo para as quendas futuras.