Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. R16
  3. Topic 9
  4. Tarefa final: Explorando Marte. Data tope: 4 de xuño ás 23:55

Tarefa final: Explorando Marte. Data tope: 4 de xuño ás 23:55

Requisitos do completado
Abertas: venres, 21 de abril de 2017, 1:00 AM
Pendente: luns, 5 de xuño de 2017, 12:55 AM

O proxecto desta 3ª Avaliación é unha adaptación do Concurso "Explorando Marte" xa que non imos participal nel nin temos, polo tanto, acceso ao deseño da superficie da misión.

A idea é programar o MakeBlock Ranger para que percorra unha superficie irregular seguindo unha liña negra ata un lugar onde se atopa unha esfera de diámetro 6 cm que debe recoller e levar de volta á posición de saída.

Criterios de cualificación.

Cando o robot completa cada unha das probas recibirá a puntuación correspondente:

  • Zona de aterraxe e comprobacións iniciais (40 ptos). O robot partirá dunha explanada blanca, emitirá un pitido antes de comezar a súa viaxe (comezo do cronómetro) e explorará o terreo ata atopar o comezo do camiño sinalado cunha liña negra.
    • Pitido inicial, 10 ptos. O elemento de recollida é mecánico, programable e teóricamente funciona realizando probas, 10 ptos. O elemento de recollida foi impreso en 3D na clase, 10 ptos. Atopa a liña negra e comeza a seguila (5 cm), 10 ptos.
  • Percorrido ata a zona de recollida de mostras (10 ptos). Entre a zona de aterraxe e a de recollida de mostras o terreo é irregular e o robot so contará cunha liña negra que se adapta ao chan para orientarse.
    • Ramata o percorrido de ida, 10 ptos.
  • Recollida de mostras (20 ptos). O obxectivo do robot é recoller unha esfera de poliestireno expandido de 6 cm de diámetro.
    • Atopa a esfera, 10 ptos. Recolle a esfera, 10 ptos. 
  • Retorno á nave nutriz (30 ptos). Dado que a autonomia da batería do robot é limitada non poderá permanecer na zona de recollida de mostras máis dun minuto, transcurrido ese tempo, con ou sen a esfera recollida, debe regresar á zona de aterraxe.
    • Regresa á zona de aterraxe, 10 ptos. Solta a esfera, 10 ptos. Emite un sonido e quédase parado, 10 ptos.

Para que cada quen reciba a puntuación correspondente do seu equipo é imprescindible que envie nesta tarefa o enlace ó vídeo da misión aloxado na canle propia de YouTube. O vídeo terá título, descripción da misión indicando os compoñentes do equipo e cunha licencia Creative Commons - Recoñecemento - Non Comercial - Sen obras derivadas (CC-BY-NC-ND).

Situacións que poden producirse:

Se só se programa o robot como segueliñas, chega a zona de recollida de mostras e regresa á zona de saída a puntuación do reto será de 30 ptos. Se fai os pitidos inicial e final ademáis do percorrido de ida e volta serían 50 ptos.

Aclaración respecto da Nota Final do Curso: a nota deste reto (de 0 a 10) fará media coas dúas das anteriores avaliacións e o resultado será a nota que aparecerá na Avaliación Ordinaria.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle