Salta al contenido principal
AV
  • Página Principal
  • Calendario
  • Más
Español - Internacional ‎(es)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
En este momento está usando el acceso para invitados
Acceder
AV
Página Principal Calendario
Expandir todo Colapsar todo
  1. Área personal
  2. T316
  3. Topic 5
  4. Avaliación Final. 50 ptos (data tope de entrega: 11 de xuño, 23:55))

Avaliación Final. 50 ptos (data tope de entrega: 11 de xuño, 23:55))

Requisitos de finalización
Apertura: lunes, 29 de mayo de 2017, 01:00
Cierre: lunes, 12 de junio de 2017, 00:55

Nesta tarefa terás que analizar a túa participación na materia neste curso así como a de cada un dos compoñentes do teu grupo. Logo fai unha crítica constructiva da materia e do profesor.

Como suxerencia segue este guión:

  1. Respecto da miña participación.
    • Que aprendín?, se estiven a gusto, motivado?
  2. Respecto dos meus compañeiros.
    • Quen me axudou, quen tirou do grupo, quen distorsiona, quen non traballa, ...?
  3. Respecto do traballo en equipo.
    • Se volvese ao momento da formación dos equipos faría algo distinto? O equipo está cohesionado ou hai grupiños? Coñecín mellor a algún deles ao traballar xuntos? Que descubrín?
  4. Respecto da organización da aula-taller.
    • Gústame ou non a posibilidade de distribuir as mesas segundo traballos, gústame ou non a diversidade de agrupamentos (parellas, equipo), Que cambiaría?
  5. Respecto do profesor.
    • Explicoume o que preguntei? Vai moi rápido, ;)? Explica moito/pouco? Suxestións.
  6. Respecto da materia.
    • Os contidos/actividades intentan resolver problemas reais? Debería haber máis explicacións ou prácticas? Que opinas do sistema de puntuación? O exame debe puntuar máis/menos/así está ben?
  7. Sobre as actividades da aula de informática.
    • Motivadoras? Útiles? Aburridas?
  8. Sobre as actividades da Aula-Taller.
    • Sorprendéronme?
  9. Sobre o Aula Virtual.
    • Os Foros serven para reflexionar sobre os Temas Transversais que se deberían tratar en todas as materias?
    • Debería haber máis?
    • Debería traballarse algo máis sobre estos temas na clase? Podémolo organizar para a derradeira semana do curso.
    • Dominas xa a consulta de tarefas e as entregas? Os enlaces, abrir en xanela nova, ...
    • Prefires un libro de texto?
  10. As actividades que máis me gustaron foron ....
  11. As actividades que menos me gustaron ....
  12. Eu cambiaría ...

E calquera outra cousa que se lle ocurra, queixa ou suxestión.

Esta tarefa ten unha cualificación máxima de 50 puntos acadables segundo a extensión-seriedade-profundidade da valoración persoal. Respostas breves sen matizar ou tipo "test" de si/non non recibirán unha cualificación significativa.

Esta tarefa é persoal e confidencial. Tedes total libertade para criticar calquera cousa que non será tida en conta de xeito negativo, ainda que debedes saber que todo se pode criticar sen resultar ofensivo ou desagradable, preténdese unha crítica constructiva que axude a mellorar o proceso educativo.

Fora dos puntos desta Tarefa, a calidade da intervención e das suxestións poden levar aparelladas unha cantidade de PUNTOS EXTRA variable.

Como orientación pensade que 500 palabras dun texto coherente, reflexivo e constructivo suporán os 50 puntos.

En este momento está usando el acceso para invitados (Acceder)
Resumen de retención de datos
Políticas
Descargar la app para dispositivos móviles
Desarrollado por Moodle