Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. T316
  3. Topic 2
  4. 2.4. Actividade Aula Informática. Prácticas Arduino. (Reaberto ata o 23 de abril ás 23:55, con desconto)

2.4. Actividade Aula Informática. Prácticas Arduino. (Reaberto ata o 23 de abril ás 23:55, con desconto)

Requisitos do completado
Abertas: venres, 27 de xaneiro de 2017, 12:00 AM
Pendente: luns, 27 de marzo de 2017, 12:55 AM

Actividade a realizar na Aula de Informática durante 4 sesións por semiequipos, organizádevos para que en cada un haxa un móbil.

O obxectivo da actividade é deseñar o programa de control dos semáforos da vosa maqueta así como realizar as conexións dos seus compoñentes sobre placa de prototipos.

A actividade divídese en 5 prácticas das cales eu farei a primeira e serviravos de exemplo do que tedes que facer, que podería resumirse no seguinte:

Cada semiequipo empregará un ordenador co software IDE ARDUINO e unha bandexa de materiais da que se responsabilizará un de vós.

Recolleredes as prácticas nunha copia personalizada desta PLANTILLA DA MEMORIA DE PRÁCTICAS DO CONTROL SEMAFÓRICO CON ARDUINO.

O primeiro paso será aloxar nas vosas carpetas de equipo esta carpeta 1617_Arduino_3xEyA/B que conten a estrutura inicial, as producións da 1ª práctica e outras informacións.

A práctica 5 tédela que facer por equipos, precisades o material do outro semiequipo. Pero non podedes axudalos mentres non acabedes a práctica 4, e farédelo para poder comezar a derradeira.

Para a realización dos vídeos (10-15 segundos) e as fotos precisades do móbil, contaredes con WIFI por se queredes aproveitar para subilos á carpeta de semiequipo no voso Drive.

Cada un de vos ten que aloxar, coas características indicadas, os 4 vídeos en cadansúa canle de YouTube (haberá tarefa independiente para puntualo). Existe unha posibilidade recente de inserir un vídeo aloxado en Drive directamente nunha presentación,

mira este vídeo
, coidado, o vídeo terá que estar compartido de xeito que calquera poida velo.

AVISO: PROBLEMAS ao querer CAMBIAR O NOME á carpeta 1617_Arduino_3xEyA/B unha vez gardada no voso Drive.

Posibles solucións:

  1. Ao clicar no enlace de arriba e "Añadir a Mi Unidad", o problema é que non deixa logo cambiar o nome, pois creades unha carpeta e pasades os arquivos, que xa están no voso Drive, á nova. 
  2. Clicar nesta carpeta comprimida 1617_Arduino_3xEyA-B.zip, aloxala na vosa carpeta de equipo de Drive e alí descomprimila. (O procedemento máis longo dos propostos, máis de 15 minutos)
  3. Crear manualmente as carpetas de semiequipo 1617_Arduino_3xEyA/B na carpeta de cada equipo (mesmo procedemento para a carpeta Práctica1) e logo crear copia de cada un dos meus ficheiros e gardalos nas vosas carpetas. 

A verdade é que o mínimo imprescindible sería crear a carpeta de semiequipo y logo gardar nela a copia da presentación. Os meus exemplos e titoriais xa os tedes na Aula Virtual. Eso sí, tedes que crear as 4 carpetas das correspondentes prácticas.

Criterios de Cualificacion (100 ptos)

Para avaliar esta tarefa terás que escribir na caixa de texto situada embaixo o seguinte:

Práctica realizada polo semiequipo Y-A/B de 3ºX composto por Nome Apelido, Nome Apelido e Nome Apelido á que podes acceder clicando neste enlace. (Na expresión "neste enlace" inseride o enlace á vosa presentación).

  • Presentación (90 ptos)
    • Códigos prácticas 2, 3 e 4. (30 ptos)
    • Vídeos inseridos 2, 3 e 4. (30 ptos)
    • Imaxes 2, 3 e 4: (30 ptos)
  • Carpeta Drive Semiequipo (10 ptos):
    • Vídeos (5 ptos)
    • Imaxes (5 ptos)

Primeira entrega: 26/03/17. Reaberto con desconto de 10 ptos por retraso.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle