Skip to main content
AV
  • Home
  • Calendar
  • More
English ‎(en)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
You are currently using guest access
Log in
AV
Home Calendar
Expand all Collapse all
  1. Dashboard
  2. TIC116
  3. APPS
  4. A miña primeira Aplicación Android con AppInventor. 30 xaneiro.

A miña primeira Aplicación Android con AppInventor. 30 xaneiro.

Completion requirements
Opened: Wednesday, 11 January 2017, 12:00 AM
Due: Monday, 30 January 2017, 11:55 PM

Tarefa individual, por parellas o por tríos (estes últimos precisan autorización). 

Deseño e Programación dunha App con AppInventor.

Cada alumno debe ter a súa conta en AppInventor e conter unha copia da aplicación deseñada polo equipo.

O proxecto (.aia) e a aplicación (.apk) deberán estar aloxados na carpeta de equipo creada ao efecto e chamada: APP_NomeApelido_NomeApelido_NomeApelido e aloxada/compartida en cada unha das carpetas persoais de Drive.

A avaliación desta tarefa farase presencialmente o 30 de xaneiro a través do emulador instalado nos equipos da aula. Convén probala na clase anterior para evitar problemas de última hora. Pode avaliarse anteriormente e nunca despois da data indicada.

Criterios de Cualificación (100 ptos):

  • Icono da aplicación. 10 ptos.
  • Titulo significativo. 10 ptos.
  • Mínimo 3 pantallas ou Screen con fondos que non sexan brancos (un deles será unha imaxe). 10 ptos.
  • Imaxes. 10 ptos.
  • Mapa Google navegable. 10 ptos.
  • Etiquetas. 10 ptos.
  • Botóns. 10 ptos.
  • Enlace a algunha web, 10 ptos.
  • Táboa de diposición (* arrangement). 10 ptos.
  • Outros. 10 ptos.

AVISO:

Durante a avaliación deberán estar as contas individuais de AppInventor abertas coa App deseñada (nos equpos de 3 compoñentes sinalarei os 2 que terán que facelo en Chrome e Firefox). Se non se envía o enlace á carpeta de equipo co .aia e o .apk aloxada na carpeta persoal compartida conmigo non se avaliará esta tarefa.

Planning:

30 xaneiro. Avaliación da 1ª App. Todo de proba sen obriga de estrutura nin obxectivo concreto. Debe incluir o arriba indicado.

7 febreiro. Presentación da vosa aplicación. 2 minutos e unha imaxe (guión, mapa mental, etc.). O que pensades facer, logo xa se verá se sodes capaces.

6 marzo. Presentación da vosa APP. 4-5 minutos coa axuda dunha presentación con capturas de pantalla para vender o produto.

Continuará...

You are currently using guest access (Log in)
Data retention summary
Policies
Get the mobile app
Powered by Moodle