Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. T316
  3. Topic 2
  4. 2.1. Actividade Aula Informática. Prácticas de Electricidade co Simulador Crocodile. (Reaberto ata o 23 de abril ás 23:55, con desconto)

2.1. Actividade Aula Informática. Prácticas de Electricidade co Simulador Crocodile. (Reaberto ata o 23 de abril ás 23:55, con desconto)

Requisitos do completado
Abertas: luns, 9 de xaneiro de 2017, 12:00 AM
Pendente: domingo, 29 de xaneiro de 2017, 11:55 PM

Actividade por SemiEquipos (cada equipo divídese en dous). 100 ptos.

Realizarase na Aula de Informática ao longo de 3 sesións.

Na Presentación de Drive "Plantilla PrácticasCrocodile_3XEY" (enlace editable) tedes as 10 prácticas a realizar. En cada unha delas pídesevos que simuledes no Crocodile un circuíto eléctrico que, unha vez feito, deberedes copiar-colar na mesma presentación.

Proceso:

  • Clica no enlace e garda a presentación no cartafol de equipo en Drive (con que o faga un é suficiente).
  • Dividide o equipo en 2 e personalizade a Presentación: poñede os nomes e cambiade o título da Presentación eliminando "Plantilla" e axustando o curso e grupo.
  • Abride o Crocodile e ide facendo as prácticas. As montaxes que coledes na presentación deben ter os interruptores pechados.
  • Cando un SemiEquipo remate as súas prácticas, cada compoñente fará unha copia da Presentación e gárdaraa no seu cartafol persoal modificando o título do seguinte xeito: NomeApelido_PrácticasCrocodile_3XEY
  • A tarefa será corrixida cando enviedes nesta tarefa o texto: Xa rematei e podes avaliar as prácticas accedendo ao meu cartafol persoal en Drive (non copiedes este texto, tédelo que escribir). Data de entrega para cualificación máxima: 29 de xanerio, para entregas posteriores descontaranse 5 ptos por semana.

Criterios de Cualificación (100 ptos):

  • Presentación con 10 prácticas, 10 ptos. por práctica correctamente realizada.
  • A ausencia a unha sesión implica non asinar o circuíto e non puntuar polo mesmo.
  • Se non entregades esta tarefa axustándovos á mensaxe será calificada con 0 ptos.

Primeira entrega ata o 5 de febreiro. Desconto por retraso: 10.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle