Salta al contenido principal
AV
  • Página Principal
  • Calendario
  • Más
Español - Internacional ‎(es)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
En este momento está usando el acceso para invitados
Acceder
AV
Página Principal Calendario
Expandir todo Colapsar todo
  1. Área personal
  2. T316
  3. Topic 1
  4. Avaliación e Autoavaliación do primeiro trimestre. Data límite: 4/12/2016

Avaliación e Autoavaliación do primeiro trimestre. Data límite: 4/12/2016

Requisitos de finalización
Apertura: jueves, 17 de noviembre de 2016, 00:00
Cierre: domingo, 4 de diciembre de 2016, 23:55

Nesta tarefa terás que analizar a túa participación na materia nesta 1ª avaliación así como a de cada un dos compoñentes do teu grupo. Logo fai unha crítica constructiva da materia e do profesor.

Como suxerencia segue este guión:

  1. Respecto da miña participación.
    • Que aprendín?, se estiven a gusto, motivado?
  2. Respecto dos meus compañeiros.
    • Quen me axudou, quen tirou do grupo, quen distorsiona, quen non traballa, ...?
  3. Respecto do traballo en equipo.
    • Se volvese ao momento da formación dos equipos faría algo distinto? O equipo está cohesionado ou hai grupiños? Coñecín mellor a algún deles ao traballar xuntos? Que descubrín?
  4. Respecto da organización da aula-taller.
    • Gústame ou non a posibilidade de distribuir as mesas segundo traballos, gústame ou non a diversidade de agrupamentos (parellas, equipo), Que cambiaría?
  5. Respecto do profesor.
    • Explicoume o que preguntei? Vai moi rápido, ;)? Explica moito/pouco? Suxestións.
  6. Respecto da materia.
    • Os contidos/actiidades intentan resolver problemas reais? Debería haber máis explicacións ou prácticas? Que opinas do sistema de puntuación? O exame debe puntuar máis/menos/así está ben?
  7. Sobre as actividades da aula de informática.
    • Motivadoras? Útiles? Aburridas?
  8. Sobre as actividades da Aula-Taller.
    • Sorprendéronme? 

E calquera outra cousa que se lle ocurra, queixa ou suxestión.

Esta tarefa ten unha cualificación máxima de 50 puntos acadables segundo a extensión-seriedade-profundidade da valoración persoal. Respostas breves sen matizar ou tipo "test" de si/non non recibirán unha cualificación significativa.

Esta tarefa é persoal e confidencial. Tedes total libertade para criticar calquera cousa que non será tida en conta de xeito negativo, ainda que debedes saber que todo se pode criticar sen resultar ofensivo ou desagradable, preténdese unha crítica constructiva que axude a mellorar o proceso educativo.

En este momento está usando el acceso para invitados (Acceder)
Resumen de retención de datos
Políticas
Descargar la app para dispositivos móviles
Desarrollado por Moodle