Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. T316
  3. Topic 1
  4. Acitividade por equipos. Adxudicación de parcelas a urbanizar.

Acitividade por equipos. Adxudicación de parcelas a urbanizar.

Requisitos do completado
Abertas: martes, 25 de outubro de 2016, 1:00 AM
Pendente: martes, 1 de novembro de 2016, 12:00 AM

Chega o momento de coñecer as aliñacións da actuación urbanística onde nos tocará desenvolver a nosa parcela cun cruce de rúas reguladas por semáforos e pasos de peóns, pero este nivel de detalle xa virá.

A cuestión é que nesta ficha temos:

  1. O esquema de rúas e parcelas edificables no que terás que indicar os sentidos de circulación das rúas.
  2. O esquema de rúas e parcelas divididos por actuacións/equipos/maquetas nunha cuadrícula de 40 x 60 m.
    • Engade unha fila superior seguindo a lóxica do representado.
    • Sombrea a túa parcela/maqueta.
    • Debuxa á dereita un croquis acoutado da túa parcela deducindo as dimensións da figura acoutada.

Por outra banda, realiza nun DIN A-4, con marxes e caxetín, o plano a escala 1/250 (emprego de escalímetro) da parcela/maqueta coa disposición de rúas asignada.

Criterios de cualificación (nota máxima 100 puntos):

  • Sentidos de circulación: Lonxitudinal (10), Transversal (10).
  • Sombreado da parcela/maqueta do equipo (10).
  • Continuación da secuencia lóxica da urbanización, Fila Superior (10).
  • Croquis da parcela (10).
  • Acoutado do croquis (10).
  • Din A4, Marxes e Caxetín (10).
  • Representación centrada e a escala 1/250 do Perímetro da parcela (10).
  • Representación das Rúas interiores da parcela (10).
  • Nomes e Apelidos en maiúsculas tipo imprenta (10).

Lenda de corrección:

L - T - S - FS - C - A -- MC - P - R - NA

10 - 10 - 10 - 10 - 10 - 10 -- 10 - 10 - 10 - 10

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle