Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. T316
  3. Topic 1
  4. Proxecto 01.01. Presentación colaborativa "Medidas viarias"

Proxecto 01.01. Presentación colaborativa "Medidas viarias"

Requisitos do completado
Abertas: luns, 17 de outubro de 2016, 1:00 AM
Pendente: domingo, 30 de outubro de 2016, 11:55 PM

Nesta tarefa teredes que realizar unha presentación con Google Drive entre todos os membros do voso equipo, cada equipo unha presentación.

O proceso será o seguinte:
  1. O Coordinador entra na carpeta do equipo dende o seu Drive e engade unha "Nova" "Presentación" a que lle porá por título: Presentación_MedidasViarias_3XEY (onde a X será o grupo de terceiro -da A á G- e a Y o equipo dentro da aula -do 1 ó 5-. E crea 7 diapositivas en branco a maiores da portada (índice e unha diapositiva para cada unha das dimensións a averiguar).
  2. A partir dese momento cada un dos compoñentes terá que acceder desde a súa conta Gmail á citada presentación que atopará (se fixéstedes todos os pasos anteriores) na carpeta do equipo que teredes dentro da vosa carpeta persoal en Drive.
  3. O coordinador encargarase do deseño da presentación, da Portada con título e autores, do índice (2ª diapositiva) e, logo, de coordinar/axudar aos seus compañeiros.
  4. Cada un escrebe o seu nome e apelidos na zona inferior dereita da súa diapositiva.
  5. Lista de investigación: 
    • Dimensións dunha praza de aparcamento en liña.
    • Dimensións do ancho da beirarrúa para que podan transitar en paralelo un peatón e unha cadeira de rodas.
    • Dimensións da calzada de sentido único para que poida transitar por ela un camión de recollida do lixo ou un camión de bombeiros.
    • Dimensións das raias dos pasos de peóns (ancho e separación entre elas).
    • Dimensións das rampas dos pasos de peóns elevados (altura e pendente).
    • Dimensións dun badén de aminoración da velocidade.
Cada diapositiva debe incluir unha imaxe que xustifique a medida adoptada e o enlace á fonta desa imaxe.
Proceso:
  • Tarefa a realizar en dúas sesións de informática.
  • Cada alumno, unha vez rematada a súa parte, deberá notificalo respostando nesta Tarefa escribindo:
    • Xa rematei a miña parte do traballo que podes consultar a través da miña carpeta persoal compartida contigo.
(Se non accedo ao traballo dende cada unha das carpetas persoais a cualificación será un cero, independentemente de se o traballo está realizado ou non)
Axuda. Como buscar en Google 1.
Axuda. Como buscar en Google 2.
Criterios de cualificación (100 ptos):
  • Entrega textual no Aula Virtual. 10 ptos.
Parte colectiva:
  • Portada con título, coordinador, curso, grupo e equipo. 10 ptos.
  • Plantilla uniforme para toda a presentación. 10 ptos.
  • Índice con temas e autores. 10 ptos.
Parte individual:
  • Diapositiva co autor. 10 ptos.
  • Diapositiva co título. 10 ptos.
  • Diapositiva coa imaxe xustificativa. 10 ptos.
  • Idoneidade, tamaño e claridade da imaxe inserida. 10 ptos. 
  • Diapositiva con fonte enlazada ao recurso inserido. 10 ptos.
  • Indicación da medida adoptada en función da información suministrada. 10 ptos.
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle