Salta al contenido principal
AV
  • Página Principal
  • Calendario
  • Más
Español - Internacional ‎(es)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
En este momento está usando el acceso para invitados
Acceder
AV
Página Principal Calendario
Expandir todo Colapsar todo
  1. Área personal
  2. T316
  3. General
  4. Actividade individual 00.03: Correo con copia

Actividade individual 00.03: Correo con copia

Requisitos de finalización
Apertura: viernes, 23 de septiembre de 2016, 01:00

Unha vez que teñas creada a túa conta de correo persoal en Gmail e enviado un primeiro correo de presentación, terás que enviar un segundo correo de presentación aos seguintes destinatarios:

  • "Para" (destinatario principal): tecnoeba@gmail.com
  • "CC" (con copia, o destinatario está informado pero non ten que facer nada, o destinatario principal sabe desta copia): para os teus compañeiros de equipo.
  • "CCO" (Con Copia Oculta, este detinatario coñece todo o anterior pero é invisible para todos os demais): para accionangel@gmail.com

Todo correo electrónico debe seguir unhas pautas de correción que poderían resumirse en:

  1. Saúdo (Estimado profesor, Estimado Sr., Ola Ángel, Ola a tod@s, etc.)
  2. Contido (Exposición dos motivos do correo ou información que se quere transmitir: preséntate, indica o teu curso, quen será a túa parella de traballo e o número de ordenador no que ides traballar -todo ben redactado-)
  3. Despedida (Un saúdo, Á espera das súas noticias reciba un cordial saúdo, etc.)

O grao de familiaridade nas expresións anteriores dependerá da relación remitente-destinatario.

Por último e máis importante, deberás indicar en "Asunto" un resumen do correo, lembra que Gmail permíteche gardar todos os correos e co tempo serache útil o seu buscador para atopar calquera envío indicando algunha palabra mencionada no "Asunto". Algúns exemplos poden ser: Solicitude de incorporación aos seus contactos, Presentación tecno3 1617 nome apelidos 3ºX equipo Y (*) (ésta é a indicada para esta tarefa e, como podedes ver, indicaredes toda a información necesaria para a vosa clasificación na libreta de enderezos do profesor), Solicitude de información sobre ..., etc.

(*)

  • A X pode ser: A, B, C, D, E ou F.
  • A Y pode ser: 1, 2, 3, 4 ou 5.

Antes de continuar recoméndoche que leas este artigo publicado en Verne, unha web do diario El País, titulado "Una guía para no meter la pata por correo electrónico"

Criterios de cualificación (40 ptos):
  • Destinatario principal. 10 ptos.
  • Destinatarios con copia. 10 ptos.
  • Asunto. 10 ptos.
  • Mensaxe. 10 ptos.
Se non llega o correo ao CCO (copia oculta) non se avaliará positivamente esta tarefa. Igualmente non será avaliada se o correo se envía con máis dunha semana de retraso respecto da sesión presencial na que explica e realiza.
 
En este momento está usando el acceso para invitados (Acceder)
Resumen de retención de datos
Políticas
Descargar la app para dispositivos móviles
Desarrollado por Moodle