Tarefa 01.02: Actualización do Perfil na AV (80 ptos - 2 de outubro)
Actualiza o teu Perfil nesta AV, lembra que será visible para todos os matriculados na mesma (alumnos e profesores) independentemente de se son de este curso virtual ou de outro do instituto.
AVISO: Se tiñas personalizado o teu Perfil do curso pasado co correo Gmail terás primeiro que sustituilo por este xenérico: nonresponder@edu.xunta.es
Este Moodle non permite que dous usuarios teñan o mesmo correo electrónico. Cousas da nova versión. Perdoade as molestias.
Actualizacións requeridas:
- Foto do rostro, recoñecible.
- Correo electrónico de gmail, completo, nomedeusurario@gmail.com
- Mostrar correo: "Mostrar correo sólo a mis compañeros de curso".
- Tipo de resumen de correo: "Completo, correo diario ...".
- Subscripción automática al foro: "No, no me subscriba automáticamente ...".
- Descripción:
- Itinerario de bacharelato que estás a seguir coas optativas troncais, específicas e de libre configuración escollidas.
- Estudos posteriores ao bacharelato que pensas realizar.
- Deixa as demáis opcións por defecto salvo no último apartado, "Opcional", no que deberás incluir a url do teu blogue persoal na casilla "Página web".
Criterios de cualificación: (Cualificación máxima 80 ptos.)
- Esta tarefa só admite dúas cualificacións posibles APTO (80 ptos) ou NON APTO (0 ptos) e o profesor só realizará un único feedback de corrección.
- Cualificación sobre o máximo correspondente á data de entrega descontando ausencias ou erros. So se permite un feedback de corrección para subir nota para as entregas en prazo ordinario.
Datas de entrega:
- 23:55 do 2 de outubro, cualificación máxima sobre 80 ptos.
- Posterior: 20 ptos. Cualificación sobre 40 ptos.
Formato de entrega:
Cando remates copia a url do teu perfil (onde se vexa todo o anterior) e pégaa nesta tarefa activándoa (hiperenlazándoa; selecciónaa e clica nas cadeas -insertar/editar hipervínculo-, pégaa na primeira caixa de texto -URL do hipervínculo-, escolle que abra en xanela nova -Destino- e remata clicando en "Insertar".)
A url do meu perfil é esta (a túa será similar): https://centros.edu.xunta.gal/iesblancoamorculleredo/aulavirtual/user/profile.php?id=38