Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. Tecno3_1516
  3. Topic 4
  4. Secuencias. Presentación colaborativa por parellas.

Secuencias. Presentación colaborativa por parellas.

Requisitos do completado
Abertas: xoves, 28 de xaneiro de 2016, 7:55 AM
Pendente: venres, 4 de marzo de 2016, 11:55 PM
Nesta tarefa recollerase a cualificación da presentación realizada por parellas sobre a programación das secuencias duns semáforos.

Un de vós abre esta Presentación: "Semáforo: código y secuencias" a garda na súa carpeta personal de Drive co nome: Secuencias_3x_Ey_nomeapelido_nomeapelido  e logo compártea coa súa parella de traballo.

Esta presentación terá que estar na vosa carpeta persoal e non na de equipo.


A partires de aquí cada quen pode traballar nela pero a primeira diapositiva traballarédela desde a conta do que a gardou e a segunda desde a conta do outro, así observarei que os dous a tedes e comprendedes as posibilidades dos documentos compartidos.



Unha vez rematada cada un de vós ten que seguir o seguinte proceso:
  1. Imprimila en pdf. 
    • Ides a Arquivo-Imprimir,  escolledes por Destino: Guardar en Google Drive e poñedes o nome: "Secuencias por nomeapelido_3x_Ey". Cando estea feito comprobade que o pdf está dentro da vosa carpeta persoal (a que tedes compartida conmigo) xunto coa presentación e a do Crocodile.
  2. Agora hai que enviala a este Aula Virtual e para elo:
    • Sobre o pdf clica no botón dereito do rato e sobre "Obtener enlace" e "Configuración para compartir", cópiao.
    • Embaixo desta tarefa clica en "Editar mi envío".
    • Na xanela que se abre escribe: "Las secuencias de los semáforos según Nome Apelido", selecciona todo e clina nas cadeas da barra de ferramentas, ábrese outra xanela e cola (pega) na caixa de texto superior, a da URL o que copiache antes en "Obtener enlace". Na caixa de texto Destino escolle "Nueva ventana". Acepta clicando en OK.
    • Agora terás o texto resaltado en azul e xa podes clicar en "Enviar".
    • Unha vez enviado verás o enunciado desta Tarefa e embaixo o que ti enviache, de feito se clicas nel abrirase o pdf. 



Criterios de Cualificación, puntuación máxima 100 ptos:
  • 50 ptos. Envío do pdf polo Aula Virtual abrindo en xanela nova (10 ptos) e ser un pdf (10 ptos) co nome individual correcto (10 ptos).
  • 20 ptos. Accedendo á presentación de parella a través da súa carpeta persoal compartida co profesor. Nome correcto (10 ptos) e ubicación según o esquema sinalado embaixo (10 ptos).
  • 50 ptos. Contido da presentación:
    • Diapositiva 1: secuencia coloreada (5 ptos), código  completo (5 ptos), simplificado (5 ptos), delay (5 ptos).
    • Diapositiva 2: secuencia coloreada (10 ptos), código (10 ptos), delay (10 ptos).


Comproba que a túa estrutura de carpetas en Drive sexa a seguinte, sen ela o profesor non poderá avaliar o teu traballo e a túa cualificación non contemplará todo o que traballaches:


Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle