Skip to main content
AV
  • Home
  • Calendar
  • More
English ‎(en)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
You are currently using guest access
Log in
AV
Home Calendar
Expand all Collapse all
  1. Dashboard
  2. Tecno3_1516
  3. Topic 4
  4. Arduino_1. Blink co LED da placa no Pin 13.

Arduino_1. Blink co LED da placa no Pin 13.

Completion requirements
Opened: Tuesday, 5 January 2016, 7:30 PM
Due: Saturday, 12 March 2016, 11:55 PM

Blink (intermitente) co LED da placa Arduino no Pin 13. Enlace ó PDF de prácticas.

Nesta tarefa recollerase a puntuación obtida na sesión de montaxe da práctica no taller. Posteriormente realizaredes unha presentación colaborativa cos recursos (imaxes, vídeos) que debedes recoller de cada práctica e que se especifican a continuación.


Seguide estes pasos e veredes o sinxelo que resulta:

  1. Abre o IDE Arduino.

  2. Conecta a placa Arduino ó ordenador mediante o cable USB.

  • Se te pide instalar os Drivers da placa escolle sen conexión a internet, e que o atope no ordenador aceptando a ubicación suxerida. Acepta todo e Finaliza.

  1. Comproba en Ferramentas:

  • Placa: Arduinio UNO.

  • Puerto: COM * Arduino. (se non aparece, desconecta-conecta o cable USB para que instale os Drivers)

  1. Localiza en Archivo: Exemplos – Básicos – Blink e ábreo.

  2. Modifica o tempo de acendido para que sexa de 2 segundos.

  3. Comproba a programación (clica no check).

  4. Envía o programa á placa Arduino clicando na frecha (parpadearán os leds Rx-Tx de comunicación).

  5. Comproba o acendido-apagado do LED situado xunto ó Pin 13 certificando os tempos de acendido-apagado.

  6. Avisa ó profesor para que anote a cualificación da práctica.

  7. Sitúa a placa Arduino sobre a Ficha da Práctica 1 cuberta cos datos do equipo (maiúsculas tipo imprenta).

  8. Copia no recadro “Programa” o código que figura no IDE Arduino. (Copia literal con especial coidado nos espacios, chaves, puntos e coma,...)

  9. Realiza unha foto que recolla toda a Ficha.

  10. Graba un vídeo duns 10 segundos que recolla a secuencia de funcionamento.

  11. Realiza unha captura de pantalla (1) do código, só do código.

  12. Garda a imaxe, o vídeo e a captura na carpeta Práctica_1_3xEy que está dentro da carpeta Arduino_3xEy que se atopa, á súa vez, dentro da carpeta do voso equipo 1516_3xEy.





(1) Captura de pantalla nos ordenadores do instituto con Windows XP.

  1. Sitúa o código de xeito que se vexa completamente.

  2. Clica na tecla “ImprPant” ou similar.

  3. Abre Paint en Inicio-Programas-Accesorios-Paint.

  4. Edición-Pegar (xa podes ver a captura).

  5. Recorta só a zona do código e gárdaa co nome: “blink_placa_3xEy” (escolle a extensión .png)



Criterios de Cualificación das Montaxes (6 prácticas – 6 sesións). 200 ptos. cualificación máxima:

A falta de asistencia dalgún dos compoñentes do equipo suporalle un cero nas prácticas realizadas polo equipo nesa sesión.

  • 15 ptos. Montaxes 1 a 4, perfecto ó primeiro intento (cada corrección desconta 5 ptos).
  • 40 ptos. Montaxe 5, perfecto ó primeiro intento (cada corrección desconta 5 ptos).
  • 50 ptos. Montaxe 6, mesmas condicións que anteriormente. Puntuación dobre se o LED verde dos peóns parpadea, mínimo dúas veces, antes de mudar a vermello.




Voltar ao curso.
You are currently using guest access (Log in)
Data retention summary
Policies
Get the mobile app
Powered by Moodle