Salta al contenido principal
AV
  • Página Principal
  • Calendario
  • Más
Español - Internacional ‎(es)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
En este momento está usando el acceso para invitados
Acceder
AV
Página Principal Calendario
Expandir todo Colapsar todo
  1. Área personal
  2. Tecno3_1516
  3. Topic 4
  4. Arduino_2: Blink co LED vermello no Pin 13

Arduino_2: Blink co LED vermello no Pin 13

Requisitos de finalización
Apertura: martes, 5 de enero de 2016, 19:45
Cierre: sábado, 12 de marzo de 2016, 23:55

Blink (intermitente) co LED Vermello no Pin 13. Enlace ó PDF de prácticas.

Nesta tarefa recollerase a puntuación obtida na sesión de montaxe da práctica no taller. Posteriormente realizaredes unha presentación colaborativa cos recursos (imaxes, vídeos) que debedes recoller de cada práctica e que se especifican a continuación.


Seguide estes pasos e veredes o sinxelo que resulta:


  1. Abre o IDE Arduino.
  2. Conecta a placa Arduino ó ordenador mediante o cable USB.
    • Se te pide instalar os Drivers da placa escolle sen conexión a internet, e que o atope no ordenador aceptando a ubicación suxerida. Acepta todo e Finaliza.
  3. Comproba en Ferramentas:
    • Placa: Arduinio UNO.
    • Puerto: COM * Arduino. (se non aparece, desconecta-conecta o cable USB para que instale os Drivers)
  4. Localiza en Archivo: Exemplos – Básicos – Blink e ábreo.
  5. Modifica o tempo de acendido para que sexa de 3 segundos.
  6. Comproba a programación (clica no check).
  7. Envía o programa á placa Arduino clicando na frecha (parpadearán os leds Rx-Tx de comunicación).
  8. Comproba o acendido-apagado do LED situado entre o Pin 13 e o Pin GND colindante (fíxate na colocación do LED: pata longa ou positiva no PIN 13 e pata curta ou negativa no Pin GND) certificando os tempos de acendido-apagado.
  9. Avisa ó profesor para que anote a cualificación da práctica.
  10. Sitúa a placa Arduino sobre a Ficha da Práctica 2 cuberta cos datos do equipo (maiúsculas tipo imprenta).
  11. Copia no recadro “Programa” o código que figura no IDE Arduino. (Copia literal con especial coidado nos espacios, chaves, puntos e coma,...)
  12. Realiza unha foto que recolla toda a Ficha.
  13. Graba un vídeo duns 10-15 segundos que recolla a secuencia de funcionamento.
  14. Realiza unha captura de pantalla (1) do código, só do código.
  15. Garda a imaxe, o vídeo e a captura na carpeta Práctica_2_3xEy que está dentro da carpeta Arduino_3xEy que se atopa, á súa vez, dentro da carpeta do voso equipo 1516_3xEy.

Necesitas saber:


  1. Un Diodo é un compoñente electrónico polarizado (é importante a súa colocación) de xeito que polarizado directamente deixa pasar a corrente e polarizado á inversa non.
  2. Un Diodo LED é un diodo emisor de luz cunha tensión de traballo próxima a 2V.
    • Colocación: a pata longa é a positiva e pata curta vai ó lado máis negativo do circuíto. A pata curta coincide cun pequeno chaflán na ala do sombreiro que emite luz.
    • Para que traballe a 2V sempre irá acompañado dunha Resistencia en Serie de 50 veces a Tensión da Fonte de Alimentación (para os 5 V do Arduino ou conexión USB corresponde unha de 250 Ω) . Neste caso o Pin 13 leva incorporada unha resistencia interna e polo tanto non debemos engadirlla nós.




(1) Captura de pantalla nos ordenadores do instituto con Windows XP.

  1. Sitúa o código de xeito que se vexa completamente.
  2. Clica na tecla “ImprPant” ou similar.
  3. Abre Paint en Inicio-Programas-Accesorios-Paint.
  4. Edición-Pegar (xa podes ver a captura).
  5. Recorta só a zona do código e gárdaa co nome: “blink_led_3xEy” (escolle a extensión .png)


Criterios de Cualificación das Montaxes (6 prácticas – 6 sesións). 200 ptos. cualificación máxima:

A falta de asistencia dalgún dos compoñentes do equipo suporalle un cero nas prácticas realizadas polo equipo nesa sesión.

  • 15 ptos. Montaxes 1 a 4, perfecto ó primeiro intento (cada corrección desconta 5 ptos).
  • 40 ptos. Montaxe 5, perfecto ó primeiro intento (cada corrección desconta 5 ptos).
  • 50 ptos. Montaxe 6, mesmas condicións que anteriormente. Puntuación dobre se o LED verde dos peóns parpadea, mínimo dúas veces, antes de mudar a vermello.




Voltar ao curso.
En este momento está usando el acceso para invitados (Acceder)
Resumen de retención de datos
Políticas
Descargar la app para dispositivos móviles
Desarrollado por Moodle