Salta al contenido principal
AV
  • Página Principal
  • Calendario
  • Más
Español - Internacional ‎(es)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
En este momento está usando el acceso para invitados
Acceder
AV
Página Principal Calendario
Expandir todo Colapsar todo
  1. Área personal
  2. Tecno3_1516
  3. Topic 5
  4. Proxecto colaborativo: Curta de educación viaria. Realizar antes do 30 de abril.

Proxecto colaborativo: Curta de educación viaria. Realizar antes do 30 de abril.

Requisitos de finalización
Apertura: sábado, 19 de marzo de 2016, 00:00
Cierre: domingo, 1 de mayo de 2016, 00:55
Envía (1) o enlace hiperenlazado (2) á curta elaborada polo teu equipo e aloxada na túa canle de Youtube (o mesmo vídeo debe estar aloxado en cada unha das vosas canles de YouTube).

Cando subades a curta a YouTube nomearédela co seu Título e na Descripción tendes que indicar:

Curta sobre educación viaria realizada por (Nome e Apelido de cada un dos compoñentes do equipo) para a materia de Tecnoloxía do IES Eduardo Blanco Amor. 
Curso académico 2015-16. 
Profesor: Ángel Acción Lamas. 
Licencia: CC-BY-NC-ND.

Breve resume da historia que narrades na curta.

E escolleredes no lugar oportuno a Licencia Creative Commons e non a de YouTube standard.


O vídeo terá unha portada co Título e unhs créditos finais onde incluiredes:
  • Título.
  • Autores (Nome e Apelido)
  • Actores se os hai, indicando Nome e Apelido así como o papel que interpreta.
  • IES Eduardo Blanco Amor
  • Tecnoloxía 2015-16
  • Profesor: @angelaccion

A duración da curta será maior de 1 minuto e menor de 5.

A temática será a máis próxima á vosa idade e procurará tratar situacións nas que poidades encontrarvos como:
  • Camiñar cos cascos e música a toda pastilla ó mesmo tempo que ides wasapeando no momento de cruzar unha rúa, aínda que sexa por un paso de peóns.
  • Camiñar polo arcén con pouca luz e roupa escura.
  • Ir de paquete sen casco nunha moto.
  • Facer tolerías coa moto ou coa bicicleta.
  • Circular pola rúa coa bicicleta, ou pola beirarrúa (respecto ós peóns).
  • Cruzar rúas ou vías do tren por sitios indebidos.
  • Ir correndo pola beirarrúa e cruzar por un paso de peóns.
  • Ir no coche sen o cinturón de seguridade.
  • Xogar e gritar dentro do coche despistando ó conductor.
  • ...

A técnica é totalmente libre:
  • Grabación co móbil ou cámara.
    • Con persoas recoñecibles ou non.
    • Con monecos, recortables, plastilina, ...
  • Edición de vídeo a partires de imaxes fixas.
    • Realizadas por vos.
    • Atopadas en internet, terán licencia CC, buscádeas en Flickr ou en Google seleccionando imaxes para reutilización.
  • Con son ou sen él.
  • Con narrador, con subtítulos, o con ningún deles.
  • Tamén podes empregar recursos dixitais como Tellagami, Animoto, ... para facer o teu vídeo dixital. (Neste caso tendes que comentalo co profesor).
Inspírate e aprende ollando estes vídeos.

Lembrade que todas as persoas recoñecibles que saian na vosa curta deberán ter asinado unha autorización que vos facilitarei, se ten 14 anos asinará ela mesma e se é menor faranno os pais.




(1) Escribe na caixa de texto que aparece cando cliques en "Editar o meu envío" situado abaixo desta tarefa


(2) Para que un texto ou dirección quede hiperenlazado e calquera ó clicar nel vaia directamente ó enlace:
  • Entra na túa canle de YouTube, reproduce o vídeo e copia a url ou dirección que aparece enriba.
  • Na caixa de texto de "Editar o meu envío" escibe o título que lle puxestes ó vídeo.
  • Selecciónao.
  • Clica no botón das cadeas situado na barra de ferramentas.
  • Na xanela que se abre cola (pega) a url ou dirección do vídeo (que xa copiache) na primeira casilla.
  • Escolle en "Destino" "Nueva ventana".
  • Garda.
  • Observarás que o texto ou url mudou a súa cor, agora é azul.
  • Garda ou "Envía".
Comproba que funciona, se non fose así edítao e corrixe.



Criterios de Cualificación (máximo 100 puntos):
  • Participación na realización do vídeo: 20 ptos.
  • Créditos ó final do vídeo segundo instrucións arriba indicadas: 20 ptos.
  • Aloxamento do vídeo grupal na canle propia de cada alumno: 20 ptos.
  • Título, descripción e licencia do vídeo en YouTube: 20 ptos.
  • Envío do enlace ó vídeo a través desta tarefa segundo instrucións arriba indicadas: 20 ptos.


Esta tarefa pemanecerá aberta para o envío dos vosos enlaces ata o 30 de Abril ás 23:55 horas. Os vídeos aloxados en YouTube con posterioridade ó 17 de maio non serán cualificados.
En este momento está usando el acceso para invitados (Acceder)
Resumen de retención de datos
Políticas
Descargar la app para dispositivos móviles
Desarrollado por Moodle