Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. inf_1516
  3. Topic 4
  4. Tarefa 04.03: Podcast #CulleredoPoloBoTrato

Tarefa 04.03: Podcast #CulleredoPoloBoTrato

Requisitos do completado
Abertas: luns, 26 de outubro de 2015, 11:10 AM
Pendente: domingo, 15 de novembro de 2015, 11:55 PM
  1. Envía (escribe) o título do teu podcast enlazado á entrada do teu blogue -e a url- onde teñas inserido (que non enlazado) o teu podcast (aloxado previamente na plataforma  SoundCloud) xunto coa túa reflexión sobre o tema e o comentario sobre o proceso de realización do recurso audiovisual, fontes empregadas, recursos inspiradores, opinión sobre o concurso, etc. No artigo tamén transcribiredes (en galego) o texto do audio.
      • Do estilo Implicándome no meu blogue. URL: http://..........
  2. Envía (escribe) o título do teu podcast enlazado á plataforma SoundCloud na que está aloxado e a url (do Podcast e non da túa canle). 
      • Do estilo: Implicándome en SoundCloud. URL: http://..........


Lembra que o arquivo orixinal chamarase:
TítuloOriginal_NomeApelidoApelido_NomeApelidoApelido_CCBYNCSA
Duración mínima 30 segundos - duración máxima 40 segundos

Tanto se o grabades directamente en SoundCloud como se subides o arquivo comprobade no mesmo momento do aloxamento:
  1. Título e Nome con Apelidos tal e como esixen as bases do concurso.
  2. Na Descripción indicaredes: "Podcast participante no III Concurso Escolar de cuñas Polo Bo Trato contra a Violencia de Xénero 2015 organizado polo Concello de Culleredo." e no seguinte párrafo a transcripción do texto. TODO EN GALEGO (voz e texto).
  3. Incorporar o hashtag #CulleredoPoloBoTrato na caixa de texto das Etiquetas.
  4. Configurar o audio como Creative Commons escollendo as opcións BY - NC - SA.
  5. Permitir a descarga (por defecto ven como non permitida) e a posibilidade de embebelo (por defecto ben permitido).

A diferencia do indicado nas bases do concurso, NON SE PERMITEN AUDIOS CON DEREITOS DE AUTOR, e na entrada do blogue teredes que indicar, se incorporades un fondo musical instrumental, tanto o nome da peza e ou autor como o enlace ó aloxamento onde figuren eses datos xunto coa licencia. Se o fondo instrumental é unha interpretación vosa indicádelo tamén na entrada, neste caso algo parecido a "título da peza" interpretado ó "instrumento" por "Nome Apelido" (se a peza é orixinal, igual).



Consellos de elaboración:
  1. Prepara un guión co texto a grabar (pode ser expositivo ou mesmo un diálogo, informativo dun suceso, de datos, unha escenificación, etc.)
  2. Grabao con ou sen son co teu móbil.
  3. Alóxao en SoundCloud (comproba que o formato de grabación do teu móbil é compatible coa plataforma, emprega un cambiador de formato se é necesario -Format Factory está instalado nos equipos do instituto-)


Se a túa entrada é longa e queres que na páxina principal só se amose o título e un pequeno resume ou entradilla segue a ler ... (cando inclúas esta opción indícao no teu envío e valorarémolo positivamente).
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle