Salta al contenido principal
AV
  • Página Principal
  • Calendario
  • Más
Español - Internacional ‎(es)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
En este momento está usando el acceso para invitados
Acceder
AV
Página Principal Calendario
Expandir todo Colapsar todo
  1. Área personal
  2. Tecno3_1516
  3. Topic 4
  4. Arduino_5: Semáforo de coches e peóns.

Arduino_5: Semáforo de coches e peóns.

Requisitos de finalización
Apertura: martes, 5 de enero de 2016, 20:00
Cierre: sábado, 12 de marzo de 2016, 23:55

Semáforo de coches e peóns co 

  • LED VerdePeóns no Pin 12, 
  • LED VermelloPeóns no Pin 11, 
  • LED VermelloCoches no Pin 10, 
  • LED VerdeCoches no Pin 9 e 
  • LED AmbarCoches no Pin 8.  Enlace ó PDF de prácticas.


Nesta tarefa recollerase a puntuación obtida na sesión de montaxe da práctica no taller. Posteriormente realizaredes unha presentación colaborativa cos recursos (imaxes, vídeos) que debedes recoller de cada práctica e que se especifican a continuación.


 Seguide estes pasos e veredes o sinxelo que resulta:


  1. Abre o IDE Arduino.
  2. Conecta a placa Arduino ó ordenador mediante o cable USB.
    • Se te pide instalar os Drivers da placa escolle sen conexión a internet, e que o atope no ordenador aceptando a ubicación suxerida. Acepta todo e Finaliza.
  3. Comproba en Ferramentas:
    • Placa: Arduinio UNO.
    • Puerto: COM * Arduino. (se non aparece, desconecta-conecta o cable USB para que instale os Drivers)
  4. Localiza en Archivo: Exemplos – Básicos – Blink e ábreo.
  5. Modifica o código necesario para simular o funcionamiento dun semáforo real. Reparte os tempos para que cada ciclo teña unha duración de 5 segundos.
  6. Comproba a programación (clica no check).
  7. Envía o programa á placa Arduino clicando na frecha (parpadearán os leds Rx-Tx de comunicación).
  8. Coloca os LED coas súas respectivas resistencias na Placa de Prototipos conectando os cables vermello-verde-amarelo ós Pins 12, 11, 10, 9 e 8 deixando o cable negro solto e que colocarás no Pin GND logo de que o profesor comprobe o circuíto. Comproba a colocación dos LED: pata longa ou positiva hacia o positivo e pata curta ou negativa hacia o Pin GND.
  9. Avisa ó profesor para que comprobe o circuíto, te indique que conectes o cable negro e anote a cualificación da práctica.
  10. Sitúa a placa Arduino sobre a Ficha da Práctica 5 cuberta cos datos do equipo (maiúsculas tipo imprenta).
  11. Copia no recadro “Programa” o código que figura no IDE Arduino. (Copia literal con especial coidado nos espacios, chaves, puntos e coma,...)
  12. Realiza unha foto que recolla toda a Ficha.
  13. Graba un vídeo duns 15-20 segundos que recolla a secuencia de funcionamento.
  14. Realiza unha captura de pantalla do código, só do código, e gárdaa co nome: “semaforo_coches_peons_3xEy” (escolle a extensión .png).
  15. Garda a imaxe, o vídeo e a captura na carpeta Práctica_5_3xEy que está dentro da carpeta Arduino_3xEy que se atopa, á súa vez, dentro da carpeta do voso equipo 1516_3xEy.



Necesitas saber:

  1. Se colocas cada LED coa súa Resistencia ésta poderá estar antes ou despóis daquel.
  2. Dado que os LED van funcionar de un en un poderíamos simplificar o circuíto compartindo a resistencia. De facelo terá que estar no lado negativo dos LED xa que as conexións ós Pins 12 e 11 terán que ser directas.


Criterios de Cualificación das Montaxes (6 prácticas – 6 sesións). 200 ptos. cualificación máxima:

A falta de asistencia dalgún dos compoñentes do equipo suporalle un cero nas prácticas realizadas polo equipo nesa sesión.

  • 15 ptos. Montaxes 1 a 4, perfecto ó primeiro intento (cada corrección desconta 5 ptos).
  • 40 ptos. Montaxe 5, perfecto ó primeiro intento (cada corrección desconta 5 ptos).
  • 50 ptos. Montaxe 6, mesmas condicións que anteriormente. Puntuación dobre se o LED verde dos peóns parpadea, mínimo dúas veces, antes de mudar a vermello.




Voltar ao curso.

En este momento está usando el acceso para invitados (Acceder)
Resumen de retención de datos
Políticas
Descargar la app para dispositivos móviles
Desarrollado por Moodle