Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. Tecno3_1516
  3. Topic 3
  4. Tarefa 03.01: Croquis e Plano do Aula-Taller

Tarefa 03.01: Croquis e Plano do Aula-Taller

Requisitos do completado
Abertas: luns, 5 de outubro de 2015, 1:00 AM
Pendente: domingo, 25 de outubro de 2015, 11:55 PM
Nesta tarefa non tedes que enviar nada, nela recolleranse as cualificacións do croquis e plano a escala 1:50 da aula-taller de Tecnoloxía realizados en papel de formatos DIN A-4 e DIN A-3 respectivamente.

A continuación tedes a Lista de cotexo ou criterio de avaliación das tarefas propostas:

Croquis a man alzada en DIN A-4: 30 puntos.
  • Tamaño axeitado da representación (debe respectar unha distancia prudencial aos bordes da folla e non ser demasiado pequeno): 10 ptos.
  • Inclúe todas as cotas necesarias para a súa realización: 10 ptos.
  • Inclúe a indicación das unidades empregadas (recomendable en cm): 5 ptos.
  • Limpeza na representación a man alzada: 5 ptos.

Plano a escala 1/50 en DIN A-3: 70 puntos.
  • Pregado da folla: 10 ptos.
  • Marxes e caxetín: 10 ptos.
  • Rotulación (maiúsculas tipo imprenta): 10 ptos.
  • Centrado da representación na folla: 10 ptos.
  • Aliñación (liñas paralelas ás marxes) da representación: 10 ptos.
  • Ortogonalidade das liñas que representan a aula (todas as aristas con perpendiculares): 10 ptos.
  • Limpeza das liñas e da folla, exactitude da representación: 10 ptos.
Consulta este pdf sobre representación dunha vivenda que inclúe as instrucións sobre pregado do DIN A-3, caxetín, rotulado, etc.


Voltar ao curso.
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle