Tarefa 01.04: Carpeta compartida en Drive
Completion requirements
Opened: Wednesday, 16 September 2015, 1:00 AM
Due: Monday, 28 September 2015, 12:55 AM
Accede ao teu Drive dende a túa conta Gmail e crea unha carpeta que se deberá chamar 1516_3X_NomeApelidoApelido (X é a túa aula e pode ser A, B, C, ...) e compártea co teu profesor (accionangel@gmail.com ou ...) de xeito que poida editar (clica na caixa de envío dun correo automático informando do feito).
Dentro desa carpeta aloxarás todos os arquivos (documentos, imaxes, etc.) precisos para as tarefas deste curso de informática organizados por carpetas temáticas que tamén crearás neste intre:
- Imaxes
- Documentos
- Presentacións
Cada cousa que gardes nesa carpeta compartida co teu profesor asume as mesmas características de privacidad salvo que posteriormente modifiques individualmente os permisos de cada cousa.
En Drive os arquivos poden ser:
- Públicos (rastrexable por Google).
- Privados de xeito que só ti podes acceder.
- Privados de xeito que alguén (identificado cunha conta gmail) poda Editar/Comentar/Ver.
- Privados de xeito que calquera que reciba un enlace (vía correo electrónico ou publicado nunha web ou blog) poida Editar/Comentar/Ver.
Aínda que un autorizado puidese editar, só o propietario pode eliminar o recurso.
Todo documento de Drive garda un historial de xeito que se pode retroceder na súa edición a calquera intre. De feito o historial garda todas as edicións realizadas por tódolos usuarios editores.
Nesta tarefa non tes que enviar nada, nela poñerei a túa cualificación unha vez reciba a notificación de Drive, vixía ben ese paso xa que aínda que teñas creadas as carpetas se Drive non mo comunica non o poderei saber e cualificarte.
O coordinador do equipo creará unha carpeta de equipo chamada "1516_3x_Ex" que compartirá con todos os compañeiros de xeito que poda Editar (xa ben marcado por defecto cando lle deades a compartir).
Unha vez que vos chegue a invitación á carpeta compartida tendes que "movela" á anteiormente citada carpeta compatida (unha dentro da outra). O coordinador tamén terá que mover a que creou para o equipo dentro da súa persoal que comparte conmigo.
Deste modo cando eu clique nas vosas carpetas persoais compartidas conmigo verei se tedes a do grupo.
Lembra que cada semana de retraso respecto da data de entrega establecida supón un desconto do 10% da cualificación máxima acadable.