Skip to main content
AV
  • Home
  • Calendar
  • More
English ‎(en)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
You are currently using guest access
Log in
AV
Home Calendar
Expand all Collapse all
  1. Dashboard
  2. Tecno3_1516
  3. Topic 1
  4. Tarefa 01.02: Correo con copia

Tarefa 01.02: Correo con copia

Completion requirements
Opened: Wednesday, 16 September 2015, 1:00 AM
Due: Monday, 28 September 2015, 12:55 AM
Unha vez que teñas creada a túa conta de correo persoal en Gmail e enviado un primeiro correo de presentación ao que o profesor che respostou co nome de usuario e contrasinal para esta AV, terás que enviar un segundo correo de presentación aos seguintes destinatarios:
  • "Para" (destinatario principal): tecnoeba@gmail.com
  • "CC" (con copia, o destinatario está informado pero non ten que facer nada, o destinatario principal sabe desta copia): para o teu compañeiro de ordenador e co que formarás parella durante todo o curso.
  • "CCO" (Con Copia Oculta, este detinatario coñece todo o anterior pero é invisible para todos os demais): para accionangel@gmail.com
Todo correo electrónico debe seguir unhas pautas de correción que poderían resumirse en:
  1. Saúdo (Estimado profesor, Estimado Sr., Ola Ángel, Ola a tod@s, etc.)
  2. Contido (Exposición dos motivos do correo ou información que se quere transmitir: preséntate, indica o teu curso, quen será a túa parella de traballo e o número de ordenador no que ides traballar -todo ben redactado-)
  3. Despedida (Un saúdo, Á espera das súas noticias reciba un cordial saúdo, etc.)

O grao de familiaridade nas expresións anteriores dependerá da relación remitente-destinatario.

Por último e máis importante, deberás indicar en "Asunto" un resumen do correo, lembra que Gmail permíteche gardar todos os correos e co tempo serache útil o seu buscador para atopar calquera envío indicando algunha palabra mencionada no "Asunto". Algúns exemplos poden ser: Solicitude de incorporación aos seus contactos,Presentación tecnoeba 1516 nome apelidos 3ºX equipo XX (ésta é a indicada para esta tarefa e, como podedes ver, indicaredes toda a información necesaria para a vosa clasificación na libreta de enderezos do profesor), Solicitude de información sobre ..., etc.

Esta información complementa á que xa liches no Libro "Pasaporte á Web 2.0", en concreto neste capítulo.

Antes de continuar recoméndoche que leas este artigo publicado en Verne, unha web do diario El País, titulado "Una guía para no meter la pata por correo electrónico"

Unha vez teñas enviado o correo xa podes respostar a esta tarefa escribindo na caixa de texto o teu nome e apelidos seguido da túa dirección de correo electrónico, do estilo:

Ángel Acción Lamas: accionangel@gmail.com


Volver ao Curso
You are currently using guest access (Log in)
Data retention summary
Policies
Get the mobile app
Powered by Moodle