Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. TEC314
  3. Topic 16
  4. Fotos do croquis e plano a escala da aula-taller de Tecnoloxía

Fotos do croquis e plano a escala da aula-taller de Tecnoloxía

Requisitos do completado
Abertas: luns, 23 de marzo de 2015, 1:00 PM
Pendente: luns, 6 de abril de 2015, 12:55 AM
Nesta tarefa cualificarase o envío por correo electrónico (accionangel@gmail.com) das dúas imaxes en formato .jpg correspondentes ao croquis e ao plano da aula-taller de Tecnoloxía.
Só se avaliarán os correos enviados antes das 23:55 horas do domingo 5 de abril.
Os traballos (croquis en DIN A-4 e plano a escala 1:50 en DIN A-3) en papel serán recollidos o primeiro día de clase á volta das vacacións de Semana Santa. Non se admiten entregas posteriores.

Convén consultar este pdf coas instrucións sobre as marxes, caxetín e pregado do plano en DIN A-3 así como o nivel de concreción dun plano a escala, neste caso da aula-taller non é necesario que incluades o espesor dos cerramentos, tan só o perímetro interior do espazo indicando os ocos (fiestras e portas).



Para o envío por correo electrónico debedes manter a seguinte estrutura:

Asunto: Fotos do croquis e plano da aula-taller de Tecnoloxía.

Texto: 
Ola Angel,

adxúntoche as fotos en formato .jpg do meu croquis e plano da aula-taller de Tecnoloxía que che entregarei en papel o primeiro día de clase que teñamos.

Un saúdo

Nome Apelido Apelido - 3º A/C.


Os nomes dos arquivos adxuntos deben ser:
  • croquis_taller_nomeapelido.jpg
  • plano_taller_nomeapelido.jpg
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle