O teu futuro Curriculum Vitae
Requisitos do completado
Abertas: domingo, 1 de xuño de 2014, 9:20 PM
Pendente: martes, 17 de xuño de 2014, 9:20 PM
Lembras a túa presentación "Eu de maior quero ser ..."?
pois agora imaxina que o conseguiche,
que pasaron 10 anos,
que ou ben ainda non atopaches o teu primeiro traballo ou que queres cambiar de aires,
vas ter que facer un Curriculum Vitae para promocionarte.
Xa sabemos que dentro de 10 anos haberá novas aplicacións coas que facer un CV,
pero hoxe imos a presentar e distribuir o noso CV mediante un código QR.
Os códigos QR non son outra cousa que un enlace condensado a un texto, imaxe, vídeo, etc. que se atopa aloxado nalgún sitio polo que tes toda a liberdade do mundo para elixir o formato do teu CV.
Indicarémosche algunhas opcións pero sempre podes investigar pola túa conta.
Nesta tarefa terás que enviar o enlace acortado á entrada do teu blog onde teñas publicado o teu QR-CV cunha introdución mínima de 10 liñas nas que expliques qué conten a imaxe dos puntiños, que é unha tarefa educativa e as ferramentas que empregache así como o procedemento seguido.
Calificación: 90 % QR-CV e 10 % presentación do mesmo no blog.
Esta Tarefa está aberta desde o 1 hasta o 17 de xuño e non ten unha calificación numérica predeterminada, se queres subir nota e descubrir como se fai un CV do século XXI podes experimentar e envialo. Se o traballo é excelente a gratificación será xenerosa.