Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. I1213
  3. Topic 12
  4. Tarefa 12.01: Prezi

Tarefa 12.01: Prezi

Requisitos do completado
Abertas: mércores, 24 de abril de 2013, 11:00 AM
Pendente: domingo, 26 de maio de 2013, 11:00 AM
O obxectivo deste tema de Redes Sociais (RRSS) é a capacitación para unha participación activa e responsable no uso das mesmas.

Tod@s sodes usuarios de, polo menos, unha rede social (Google+, Twitter, Facebook ou Tuenti) e seguro que a empregaredes con bastante asiduidade polo que podemos considerarvos expert@s no tema e imos aproveitar os vosos coñecementos e experiencias para "crear" contidos, neste caso a través dun Prezi.

Deberedes escoller unha RRSS e realizar un Prezi onde expliquedes en que consiste, cando xurde, o uso que se fai maioritariamente dela, que usos ou futuro pode acadar, o seu funcionamento (publicar, seguir, etc), precaucións, e todo aquelo que se vos ocurra que poidera ser de interese para, supoñamos, un futuro usuario moi desconfiado.

Importante:
  • Unha presentación, sobre todo un Prezi, é fundamentalmente visual, debe amosar moi pouco texto (cuidado: sintetizar moito non é o mesmo que escribir pouco) polo que, chegado o caso, deberedes recurrir a inserir enlaces de ampliación (pdf aloxado de xeito público no voso Drive).
  • A selección de imaxes será moi importante e debedes incluir cando menos un vídeo.
  • Calquera documento creado é máis valorado cantos máis enlaces conteña dado que é síntoma dunha boa documentación.
  • Por suposto un Prezi adopta todos os convencionalismos dunha presentación: portada (título,autor e "inforeba 12-13", contidos e créditos.

Nesta tarefa cada alumn@ debe enviar o enlace á entrada do seu blog onde se inserira previamente o Prezi realizado.
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle