Tarefa 2.03: Inserir un Go!Animate no Blog.
Requisitos do completado
Abertas: sábado, 1 de decembro de 2012, 1:00 PM
Pendente: domingo, 13 de xaneiro de 2013, 1:00 PM
De idéntico xeito ao que fixeches co Slide de Identidade Dixital faino agora co Go!Animate, o proceso é o mesmo, o mesmo que cos vídeos de YouTube: copiar código para embeber ("embed") e pegar na entrada en modo "Edición HTML".
- Titula a entrada co tema tratado no Go!Animate.
- Presenta o primeiro vídeo nun par de liñas acerca do tema que pretendes desenvolver.
- Inserta o primeiro Go!Animate.
- Presenta o segundo vídeo e fala un pouco máis sobre o contido do mesmo.
- Inserta o segundo Go!Animate.
- Presenta o titorial e fai unha valoración persoal de si o consideras difícil ou sinxelo, se ten aplicacións noutras materias, etc.
- Insire o Titorial (se o fixeche en Google Drive terás que subilo a SlideShare ou similar previamente ou ben podes facelo directamente seguindo este atallo).
- Valora o tema desenvolvido "Identidade Dixital" e "Seguridade na rede" tanto dende o punto de vista da súa conveniencia na ESO como o recurso escollido para tratalo (vía campaña publicitaria en formato vídeo).
Pega aquí o enlace á entrada do teu blog onde inseriche os Go!Animete e Vídeotitorial xunto coas túas valoracións.