Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. I1213
  3. Topic 2
  4. Tarefa 2.0: Creación dun blog persoal

Tarefa 2.0: Creación dun blog persoal

Requisitos do completado
Abertas: mércores, 17 de outubro de 2012, 9:00 AM
Pendente: domingo, 18 de novembro de 2012, 8:00 AM
  • Unha vez lidas as referencias anteriores a esta entrada xa podedes crear o voso blog individual en Blogger.
  • Antes de crealo debedes pensar unha temática para o mesmo, aquelo que vos apasione, porque ademáis de publicar os traballos de clase (desta ou doutras materias) teredes que traballar sobre a mesma.
  • Unha vez escollido o título e a plantilla debedes publicar a vosa primeira entrada cunha presentación e as razóns polas que escollistes ese tema.
  • O blog irédelo traballando ao longo do curso, non teñades presa por enchelo de gadgets.
  • O primeiro condicionante vai ser que non podedes copiar-pegar ningún texto nas vosas entradas. Toda a redacción debe ser da vosa colleita. (Podedes "citar" sempre e cando a cita non supere o tercio da entrada).
  • Chegados a este punto debedes publicar o voso primeiro artigo ou entrada, esta vez relacionado co tema escollido e tratado con profundidade.
  • Rematada a presentación do blog e o primeiro artigo (pode incluir imaxes, vídeos, etc.) debedes realizar en "About" unha descripción de vós ao xeito das diapositivas 23 e 24 da seguinte presentación sobre Portfolios.
  • Nesta tarefa indica o teu nome e o enderezo ou link do teu blog (edita a tarefa ata que o enderezo do teu blog sexa un enlace e non a teñamos que copiar/pegar na barra de enderezos, observa que logo de "Gardar" debería aparecer o enderezo cambiado de cor). Perdoade se hai moito "enderezo" neste párrafo.

Para a calificación desta tarefa valoraremos a existencia do blog, o tema escollido, a xustificación do tema na vosa primeira entrada (especial atención á redacción) e o voso "about" onde falaredes de vós dun xeito xeneralista e non comprometedor.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle