Tarefa 1.1: Titorial de Go!Animate
Cada equipo realizará un Go!Animate e unha presentación a base de capturas de pantalla de cada unha das fases de creación do mesmo de xeito que posteriormente poderíamos insertar cuadros de texto explicativos en cada diapositiva.
A presentación consistirá, polo tanto, nunha sucesión de diapositivas (cada unha corresponderá a unha captura de pantalla) explicadas.
Ao rematar o Go!Animate e a presentación indicaredes nesta tarefa os dous enlaces. A presentación, neste caso, deberá ser compartida con quen reciba o enlace.
O Go!Animate será, igual que os que xa fixestes, unha campaña de concienciación ou prevención sobre un dos temas de Seguridade en Internet que se incluen no anterior Libro do mesmo nome. Suxerimosvos que escollades un dos 10 temas que se expoñen no capítulo "Hábitos de uso", aínda que tedes liberdade -dentro do tema- de escoller outra mensaxe.