Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. I1213
  3. Topic 6
  4. tarefa 6.1: Edición fotográfica con Picmonkey

tarefa 6.1: Edición fotográfica con Picmonkey

Requisitos do completado
Abertas: luns, 26 de novembro de 2012, 7:00 AM
Pendente: domingo, 13 de xaneiro de 2013, 7:00 AM

Actividade INDIVIDUAL.
Secuencia de tarefas:
1. Localizar unha imaxe Creative Commons (sen copyright) (anotade a URL da imaxe). Cada un a súa. Se a imaxe é vosa (cámara, móbil) deberedes indicar CC-BY-SA 3.0_nomeapelido. (Esta expresión indica Creative Commons, Recoñecemento e compartir igual, é dicir que calquera é libre de utilizala sempre e cando cite ao autor e a comparta do mesmo xeito).
2. Aloxala (gardala) en Google+, Fotos. No Album creado na tarefa anterior (fotoseba1213, por exemplo) para gardar todas as fotos/imaxes que empreguemos durante o curso. Este Album estará compartido en modo privado e con inforeba@gmail.com como mínimo.
3. Empregar Picmonkey para crear un cartel contra o maltrato á muller similar ó do enunciado do tema (clicando na imaxe veredes máis opcións). Avaliarase que a imaxe teña un efecto, incorpore un texto, incorpore un lazo morado e inclua a dirección URL de procedencia da imaxe orixinal.
4. Gardar a imaxe creada no mesmo Album onde está o orixinal.
5. A imaxe personalizada debedes subila ó voso blog para denunciar desde os vosos blogs esta lacra social e contribuir á construción dun mundo máis igualitario.

Tedes que enviar:
  • URL da entrada onde estea inserida a imaxe pegándoa na caixa de texto de resposta desta tarefa. Nesta entrada tedes que engadir ademáis unhas palabras coa vosa aportación persoal ó tema.
  • Enlace ó Album persoal onde están aloxadas as dúas imaxes, a orixinal e a personalizada.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle