Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. I1213
  3. Xeral
  4. Tarefa 0.2: Identidade Dixital

Tarefa 0.2: Identidade Dixital

Requisitos do completado
Abertas: luns, 17 de setembro de 2012, 8:00 PM
Pendente: domingo, 30 de setembro de 2012, 8:00 PM

images?q=tbn:ANd9GcS29oKVob1l56yWEAItgt6d3SlXYL5hKbcm6i5_PH6UpptuF1xn3w

O obxectivo desta tarefa é que cada equipo elabore dúas diapositivas na presentación colaborativa de Google docs sobre "Identidade Dixital: riscos e beneficios", unha sobre os riscos e outra sobre beneficios dunha incorrecta/correcta utilización de internet no relativo á identidade dixital.

Recibiredes na vosa conta de equipo o enlace ó documento colaborativo. Aquí tedes un exemplo do curso 2011-12 sobre Grooming, a estrutura das diapositivas será a mesma.

Cando todos teñades contribuído coa vosa investigación, elaboraredes unha presentación máis elaborada escollendo entre 5 e 10 das diapositivas dispoñibles. Esta presentación estará na vosa conta google de equipo.

 


Novidades:

Unha das diapositivas debe redactarse en galego e a outra en castelán.

Arriba debe ir o título e, a modo de pé de páxina, os vosos nomes (sen apelidos) e o voso usuario (inforeba.0x.xx).

As diapositivas deben incluir un vídeo (ou unha presentación), unha imaxe e, dentro do texto, links ás fontes de información empregadas.

O prazo de entrega amplíase unha semana máis, o domingo 30 deberían estar no documento colaborativo e así a vindeira semana todos poderíades escoller as 5-10 máis axeitadas para montar a vosa presentación que incluirá unha diapositiva como portada, unha como contraportada onde indicaredes os créditos (autores da presentación -nomes sen apelidos e "inforeba.0x.xx"-, autores das diapositivas escollidas, etc) e as transicións.

As presentacións de Google Docs/Drive aínda non permiten a inserción de música -nestas presentacións que incluen vídeos tampouco tería moito sentido-.

A vosa presentación final a compartiredes só con inforeba@gmail.com e anotaredes o enlace a ela nesta A.V. (xusto embaixo).

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle