Section outline

  • PROGRAMACIÓN



    No enlace ipee_aal66_130807 que tes a continuación podes observar unha vista xeral do curso editado en formato eXe, os contidos aquí expostos son os que se foron levando a cabo estes derradeiros cursos e son o resultado dunha continua experimentación e adaptación en función das características do alumnado e dos recursos TIC que se van incorporando ó proceso de ensino-aprendizaxe.

    As Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) progresan cada día a máis velocidade e con elas a formación de todos vós polo que cada curso é unha nova aventura na que nos adentraremos tanto como a vosa curiosidade e interese nos permitan.