Section outline

  • PROBA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

    4 de setembro, Aula de Informática 1, de 16:30 a 18:00.

    Dado que unha dinámica propia de todos os traballos de TIC é a publicación no voso blogue persoal dos mesmos, que na segunda avaliación realizastes unha aplicación con AppInventor e que na primeira traballáchedes coas Normas APA, a estrutura desta proba extraordinaria de setembro será similar ao seguinte:

    Entregaredes na tarefa situada baixo esta etiqueta o enlace á entrada do voso blogue onde publicaredes o traballo realizado nesta proba.

    Esa entrada de blogue debe conter: título, texto explicativo, imaxes, enlaces, unha presentación de drive embebida e tamén un vídeo.

    Un contido avaliable será a inclusión dunha das imaxes empregadas na vosa App que teña licencia CC e que teredes que referenciar ao seu pe segundo as Normas APA pero engadindo a licencia e enlazando cada unha das súas partes (os enlaces abrirán en xanela nova e terán títulos que indiquen o que fan cando colocamos o cursor sobre eles [accesibilidade]).

    A entrada versará sobre a explicación dos bloques de programación de AppInventor empregados na vosa App.

    A entrada incluirá o enlace ao .aia aloxado na vosa carpeta persoal de Drive compartida co profesor (consultarase o seu interfaz de programación).

    A aplicación que deseñastes no curso debería ter incluído a lo menos dúas Screen, etiquetas, botóns e imaxes (comprobarase a programación).