Section outline

  • Preparación da Proba Extraordinaria de Setembro

    A proba terá lugar .............. o .... de setembro dende as .... ata as ..... Dado que é unha proba extraordinaria a convocatoria é única (non pode realizarse noutro momento nin lugar) e comprende todos os contidos do curso. A cualificación-promoción determinarase polo evidenciado únicamente nesta proba. Lembra que ninguén pode sair da proba antes de transcurridos 15 minutos dende o seu comezo e ninguén pode presentarse á proba con posterioridade a ese momento.

    Como axuda relaciónanse as probas individuais escritas realizadas durante o curso e que supuxeron o 20% da cualificación do mesmo:
    A proba de setembro inclúe unha pregunta do tipo: "Completa o seguinte esquema dunha central de produción de enerxía eléctrica indicando os nomes dos elementos sinalados, indica qué tipo de central é e describe o seu funcionamento. Para preparar este tema podes consultar estes apuntamentos.

    A continuación deíxovos enlaces dalgúns temas desenvolvidos durante o curso para os teñades agrupados:
    Metroloxía. Apuntamentos e ficha de exercicios realizada na aula.
    Exercicios sobre diédrico (vistas), acoutado e cálculo de superficies (mirar ata a páxina 7).

    Lembra que as prácticas que realizaches na Aula de Informática fixéchelas sobre un documento de Drive que compartín contigo e que terás na túa carpeta persoal ou en "compartido conmigo" do teu Drive.