Section outline

  • Preparación da Proba Extraordinaria de Setembro

    A proba terá lugar na Aula de Informática 2 o .... de setembro dende as .... ata as ..... Dado que é unha proba extraordinaria a convocatoria é única (non pode realizarse noutro momento nin lugar) e comprende todos os contidos do curso. A cualificación-promoción determinarase polo evidenciado únicamente nesta proba. Lembra que ninguén pode sair da proba antes de transcurridos 15 minutos dende o seu comezo e ninguén pode presentarse á proba con posterioridade a ese momento.
    • Enunciado da proba extraordinaria de setembro de 2015 enviada por correo electrónico ó alumnado afectado

      Benvidos a esta proba extraordinaria de setembro para superar a materia de Informática de 4º da ESO do curso académico 2014-15.

      Esta proba consiste en publicar no teu blogue unha entrada cunha opinión persoal sobre Violencia de Xénero nas relacións adolescentes e que irá acompañada dunha presentación que realizarás en Drive.

      Condicionantes:
      • A presentación contará cun mínimo de 5 diapositivas: Portada con título e autor, 3 de contido e unha webgrafía final onde inclúas as url das fontes empregadas.
      • A presentación terá unha licencia CC-BY.
      • Unha das imaxes a incluir vai na carpeta comprimida adxunta (a súa url vai nun documento de texto).
      • Na citada carpeta comprimida tamén vai unha presentación que pode ser útil.
      Pasos recomendados a realizar logo de comprender ben o obxectivo da proba:
      1. Descargar e descomprimir a carpeta adxunta.
      2. Localizar as imaxes que precises para a túa presentación e anotar nun documento de texto as url.
      3. Nun documento de texto redactar o artigo para o blogue (sería interesante algunha busca en internet sobre o tema).
      4. Realiza a presentación en Drive e obtén o código para inserila no teu blogue.
      5. Crea unha entrada nova no blogue, ponlle un título, insire a presentación e redacta o artigo de opinión.
      6. Envía o enlace acortado á entrada do blogue á Tarefa do Aula Virtual (Tema 24)
      7. Comparte a presentación de Drive conmigo de xeito que poida editar.
      8. Descarga en formato pdf a túa presentación.
      9. Crea a carpeta comprimida que terás que enviar no seguinte punto.
      10. Resposta a este correo incluíndo o enlace acortado á presentación en Drive e unha carpeta comprimida que inclúa a túa presentación, as imaxes empregadas e un documento coas url ou direccións das fontes.

      Calquera dúbida tédela que facer empregando o chat de Google (dende Gmail), Hangouts, chat do aula virtual, Telegram (@angelaccion). Se non queda más remedio atendereivos verbalmente pero se hai axudas teñense que ter en conta na nota e iso só pode facerse se queda constancia escrita.

      Bo traballo e pensade que é moito máis sinxelo do que vos pode parecer neste momento.