Section outline

  • CONCURSO

    DE RELATOS CURTOS

    RELACIONADOS COA CIENCIA


    Cartel Concurso Contar coa Ciencia

    Con motivo do Concurso de Relatos Curtos relacionados coa Ciencia imos realizar unha tarefa de introdución ao Procesador de Textos de Google. Se estás interesado no concurso podes consultar as Bases da Convocatoria e, o máis importante, o libro "Cienciaqueconta2013" onde ler os relatos gañadores do ano pasado, especialmente deberíades consultar estes tres primeiros de secundaria que é a categoría na que poderíades competir.

    A tarefa consistirá na edición aumentada do relato gañador na categoría de secundaria do ano pasado. Facilitareivos un texto plano (.txt) do que partiredes e un pdf a modo de resultado ao que vos tedes que achegar, para elo teredes que editalo segundo instrucións ao longo de dúas sesións na Aula de Informática.