Section outline

  • REPRESENTACIÓN

    Dado que no campo tecnolóxico é fundamental a representación de obxectos e procesos así como a transmisión gráfica dos mesmos imos comezar por este tema no que repasaremos aspectos básicos de DEBUXO e ACOTACIÓN (). Pero antes de clicar nos anteriores enlaces convén que vexas esta animación se non tes claro como funciona o método de representación de obxectos de 3 dimensións a base de vistas (prantas e alzados).

    Ninguén coma vós sabe o sinxelas que son as novas aplicacións informáticas, xa non son necesarios aqueles cursos de centos de horas para manexar os programas, hoxe todo é moito máis intuitivo, un exemplo é Google Scketch Up para representar obxectos en 2 e 3 dimensións cun par de clics. Fíxate no que Antonio Lomba fixo cos seus alumnos de 2º da ESO en Pontevedra nesta coleción de figuras en 3D. Dun xeito máis tradicional temos estes apuntamentos con exercicios sobre diédrico, isométrico e acoutado para 2º da ESO.




    Repasa o que sabes sobre Vistas con este Test:
    Test sobre Vistas por Nino González-Haba



    Comproba os teus coñecementos de Acotación con este Test:
    Test de Acotación por Pedro Landín