Ir ao contido principal
av
  • Inicio
  • Calendario
  • Consellería de Educación
  • Páxina web
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
av
Inicio Calendario Consellería de Educación Páxina web
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. bac1antia.ladra
  3. AMPLIACIÓN
  4. Descrición

Descrición

Requisitos do completado
Abertas: martes, 9 de xuño de 2020, 5:00 PM
Pendente: luns, 15 de xuño de 2020, 12:00 AM

Chegou a hora da última tarefa deste estraño curso.

Ides ler a información que aparece no arquivo Tipoloxía textual. Despois navegades pola web que vos subín (co mesmo título), especialmente onde fala dos textos descritivos.

Tedes que facer o voso propio texto descritivo, nete caso, descrición dun lugar, seguindo as indicacións que aparecen nesa páxina web na actividade: Desde a miña fiestra. Atoparédela facilmente porque vén acompañada dunha imaxe do cadro de Dalí, Muchacha en la ventana. A descrición ten que ser sobre o que vedes dende a vosa fiestra. Ademais, a descrición ten que ter algo de subxectividade. A extensión é libre, pero, por favor, UTILIZADE BEN OS SIGNOS DE PUNTUACIÓN e ESMERÁDEVOS NA CONSTRUCIÓN DAS ORACIÓNS. Non repitades sempre os mesmos conectores, non fagades oracións demasiado longas que perdan sentido... Poñede os tiles e non quero ver ningún pa (para), ningún po (para o), ningún despós ou cousas similares.

Tedes de prazo ata o 15 de xuño ás 24:00.

Veña, que isto acaba xa!

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle