Enrolment options

Contos africanos en francés

 

O 17 de abril, o alumnado de 1.º de ESO de Francés recibiu a visita do contacontos camerunés Samuel Mountoumnjou. O narrador implicou activamente a todo o grupo na recreación de catro contos africanos que poñían en valor a amizade, o respecto, a moderación e a solidariedade. Foi unha sesión dinámica en que se combinou narración, interpretación, música e ritmo. 

                                                                               

A actividade desenvolveuse case na súa totalidade en francés e, máis alá do seu interese lingüístico, Samuel tamén transmitiu ao alumnado a importancia de escoitar, repetir, respectar as quendas de palabra e colaborar. Por último, o Departamento de Plástica, coa axuda do alumnado, creou un decorado con material reciclado moi adaptado ao contexto. Que artistas!  

                                                                              

Guests cannot access this course. Please log in.