Enrolment options

Tras as pegadas de Xulio Verne

 
 

O alumnado do club de lectura de Francés e de 3.º de ESO desta mesma materia viaxou a Vigo o 14 de abril para realizar dúas actividades enmarcadas na modalidade Leo-Lab do proxecto Innova-Lab 2025-2026, concedido ao centro para a posta en marcha de iniciativas creativas que permitan o fomento da competencia lectora do alumnado. 

                                                                                               

Nas horas da mañá, o grupo dirixiuse á Escola Oficial de Idiomas de Vigo, que cedeu un espazo para un encontro multilingüe co IES Aquis Querquernis de Bande. Ao longo do curso, o estudantado do noso centro e do instituto ourensán estivo traballando na dramatización da banda deseñada Astérix et Obélix en Lusitanie. Ambos centros representaron varios sketchs adaptados a partir de devandita obra. O guión multilingüe (en francés, galego, portugués e incluso latín), a realización dos disfraces, a caracterización e a posta en escena representou un reto para os/as participantes. Ao final do encontro, realizouse unha entrega de diplomas, así como uns marcapáxinas ilustrados con deseños elaborados polo propio alumnado. 

                                                                            

Por outra banda, aproveitando o estreito vínculo da cidade olívica co escritor francés Xulio Verne, pola tarde levouse a cabo un percorrido guiado polas pegadas deste, comezando pola visita á súa estatua no porto vigués ata os locais de restauración que frecuentaba a icónica personaxe. 

                                                          

    A longa viaxe mereceu a pena: literatura, cultura e historia nun só día, pero tamén convivencia e experiencias.                                              

Guests cannot access this course. Please log in.