Hoxe vou mostrarvos o sorprendente traballo dunha artista nada no ano 50, que vive en Chicago e se chama Mary Ellen Croteau. Aínda que ten unha obra inmensa e realmente variopinta, hoxe póñovos só un par das súas obras. A razón é a similitude coa proposta que vos fixen o curso pasado que comezou a xestarse pero aínda non se resolveu por falta de oportunidade. ¿Lembrades que estivemos colleitando miles de tapóns de botellas que temos clasificados por tamaños e cores na aula de Plástica? Pois alí seguen, agardando pacientemente as nosas ideas...

Neste caso trátase dunha obra en tres dimensións, unhas columnas sen fin, ó estilo de Brancusi e dunha obra pictórica tipo collage. Todo realizado con tapas de botes e botellas de múltiples cores.

O truco desta obra hiperrealista é a infinita paciencia, tamén o feito de ir afastándose constantemente para ver se dende lonxe se vai acadando o efecto buscado coas superposicións de tapóns, combinando cores e formas. Supoño que, pixelizando a fotografía, adiantarase tamén, moito traballo
Última modificación: xoves, 9 de novembro de 2017, 11:01 AM