Formación das rochas sedimentarias
Requisitos do completado
- Os sedimentos transportados polos axentes xeolóxicos acaban acumulándose en zonas da codia algo afundidas, chamadas cuncas sedimentarias.


- Os sedimentos vanse acumulando nestas cuncas sedimentarias en capas, chamadas estratos.
- Os sedimentos do fondo da cunca van ser transformados debido á presión, temperatura e a auga que circula entre os sedimentos.
- Estes tres factores fan que os sedimentos se compacten pouco a pouco e que se solden entre si, transformándose nunha rocha sedimentaria.
- Este proceso denomínase litificación ou diaxénese.

Última modificación: xoves, 9 de novembro de 2017, 11:01 AM