A acción dos axentes xeolóxicos externos
Requisitos do completado
Os axentes xeolóxicos son os que modelan ou dan forma a paisaxe, mediante tres accións: erosión, transporte e sedimentación.


- A erosión é a retirada de materiais dende o seu lugar de orixe. Nalgúns casos, o axente xeolóxico só leva os fragmentos de rocha, areas ou partículas de arxila resultantes da meteorización. Outras veces, o axente xeolóxico arrinca eses fragmentos, areas directamente da rocha da que forman parte. Mediante a erosión os axentes xeolóxicos externos producen unha modelaxe do relevo característica.

- Os axentes xeolóxicos transportan clastos de diversas maneiras:Os axentes xeolóxicos transportas clastos de diversas maneiras: arrastrando, rodando, saltando, en suspensión...



- Sedimentación: prodúcese cando un axente xeolóxico deposita definitivamente os clastos que transportaba nun lugar, ó perder capacidade de transporte.




Última modificación: xoves, 9 de novembro de 2017, 11:01 AM