Mapas tográficos
Mapas topográficos
Os humanos realizamos moitas actuacións sobre o terreo, polo que é moi importante coñecer o relevo das distintas zonas para:
-
Construción estradas, vías do tren, encoros, tendidos eléctricos.
-
Explotacións mineiras (canteiras).
-
Ordanar o territorio: delimitar que zonas se pode construír, que zonas son de cultivo, cales son de uso industrial, zonas verdes...
-
Previr posibles riscos xeolóxicos: inundacións, corrementos de terra...
-
Avaliar posibles impactos ambientais que podan provocar as actuacións humnanas.
Para coñecer o relevo e poder facer todo o anterior, utilízanse os mapas topográficos, que son representacións do relevo.
Nos mapas topográficos se representan curvas de nivel, que son liñas pechadas que unen puntos do terreo que se atopan a mesma altitude sobre o nivel do mar. Así podemos saber se hai montañas, vales, ríos, encoros,. Tamén teñen información sobre o tipo de vexetación e as construcións humanas, como casas, estradas, poboacións, camiños...
