Praxinoscopio
Requisitos do completado
O francés Émile Reynaud inventou o Praxinoscopio en 1877 revolucionando o mundo do entretenimiento. Estendeuse por todos os continentes.
O mundo evolucionaba rápidamente e Émile Reynaud ideou e comercializou numerosas modificacións. Como: Juguete, miniatura, teatro, con motor, con resorte, de proxección, etc.
Malia os esforzos por mantelo de actualidade, o Praxinoscopio, foi desprazado por novos descubrimentos, como: O kinetoscopio, de Thomas Edisón ou o cinematógrafo dos irmáns Lumière.
Aínda a contemplación do Praxinoscopio resúltanos de gran atracción.
Este invento modificou a técnica dos instrumentos ata entón coñecidos, para animación de imaxes.
Por reflexión produce unha imaxe moi nítida, nun tambor central de espellos rotatorios.
Última modificación: xoves, 9 de novembro de 2017, 11:01 AM