Xéneros cinematográficos
Xéneros cinematográficos
A noción de xénero utilízase en todas as artes. Orixinariamente procede da literatura e era empregada xa no período clásico da cultura grecorromana. Os tres xéneros clásicos eran a épica, a lírica e o xénero dramático. Diferéncianse entre si tanto pola forma en que se escriben os textos que caracterizan cada xénero como polo contido. Así,a épica escribíase en longos versos (forma) e narraba os acontecementos de grandes heroes (contido), mentres que a lírica usaba sobre todo versos máis curtos (forma) para expresar as emocións do propio poeta (contido); finalmente, a escrita dramática adoptaba a forma de diálogos entre personaxes (forma) para representar feitos graciosos (contido propio da comedia) ou terribles (contido propio da traxedia).
O xénero é utilizado como unha forma de clasificación das artes que serve para organizar as obras que os artistas van producindo e actúa como modelo de referencia para os propios artistas e como orientación para o público. Así, entre os amantes do xénero dramático (é dicir, do teatro) pode habera quen lIe guste máis a comedia e a quen lIe guste máis a traxedia. Nin aos primeiros lIes agradaría ir ver unha obra que se anuncia como comedia para atoparse cunha traxedia, nin aos segundos o contrario.
Por suposto, os xéneros foron evolucionando ao longo da historia. Mesmo ha icríticos e estudosos que discuten a conveniencia de utilizar estas categorías para clasificar as obras de arte, porque as que merecen realmente ese nome serían inclasificables, é dicir, escaparían dos límites dos xéneros tradicionais.
Dos xéneros clásicos antes mencionados, é obvio que o máis próximo ao cine é o xénero dramático ou teatro. Coma neste, tamén na maioría das películas (non en todas, como veremos) se relata unha historia que se desenvolve sobre todo a través dos diálogos entre personaxes. Por iso, nada ten de raro que dende os inicios mesmos do cine aparecesen as mesmas dúas modalidades de xénero que constituíron a división tradicional do teatro: a traxedia (ou drama) e a comedia. Popularmente, o público ,aínda hoxe, expresa esta división cando cualifica unha película dicindo "é de chorar" (drama) ou "de rir" (comedia). Pero vexamos agora algunhas das características específicas de cada un destes xéneros tal como se poden observar nos seus exemplos máis representativos.
1-Drama cinematográfico
O drama cinematográfico caracterízase por presentar graves conflitos entre os personaxes protagonistas. Na traxedia clásica estes conflitos sempre desembocaban na morte dun ou varios dos protagonistas. O drama moderno, aínda que non chegue á resolución tráxica, adoita conservar un final desgraciado.
Hai grandes directores na historiado cine que se especializaron no xénero dramático como, por exemplo, o danés Carl Theodor Dreyer (Ordet, 1955; Gertrud, 1964), o italiano Roberto Rossellini (Roma, cidade aberta, 1945; A/emaña ano cero, 1947;Stromboli, 1949); ou o sueco Ingmar Bergman (O sétimo selo, 1956; Amorodos sa/vaxes, 1957; O manantial da doncela, 1960; Persoa,1966).
2-Comedia cinematográfica
A comedia cinematográfica márcase como obxectivo procurar a risa do espectador . Para conseguilo fai uso dun recurso denominado gag. As primeiras comedias da historia do cine eran simplemente unha sucesión de gags, é dicir, de situacións humorísticas, xeralmente apoiadas nunha anécdota de escasa importancia. Na comedia moderna concédeselle máis importancia á historia que se conta aínda que se recorra tamén ao uso de gags.
Os grandes comediantes dos inicio sdo cine foron, entre outros, Harold Lloyd, Buster Keaton e Charles Chaplin (o creador do personaxe Charlot). A partir do cine sonoro aparecen outros humoristas como Stan e Laurel (o Gordo e o Fraco) e os irmáns Marx. Grandes renovadores da comedia moderna foron o alemán Ernst Lubitsch (O bazar das sorpresas, 1940; Ser ou non ser, 1942), o francés Jacques Tati (Díade festa, 1947; As vacacíóns de Monsieur Hulot, 1952; O meu tío, 1958) ou, na actualidade. O estadounidense Woody Allen (Annie Hall, 1977; Manhattan,1979; A rosa púrpura do Cairo, 1985).
3-Melodrama
Chámase melodrama a un tipo de drama cantado que está na orixe da ópera. Pero posteriormente reservouse a denominación para unha modalidade de drama caracterizado polo protagonismo de personaxes estereotipados,divididos en bos e malos, que viven situacións dirixidas a provocar a reacción emocional dos espectadores. É frecuente que nos melodramas, fronte ao drama puro, aparezan tamén episodios humorísticos e, por suposto, os mellores melodramas son aqueles que escapan do deseño estereotipado dos protagonistas.
O gran David Wark Griffith, un dos creadores da linguaxe cinematográfica, foi tamén un dos primeiros mestres do melodrama (Lirios rotos, 1919; As dúas orfiñas, 1921). Entre os modernos mestres podemos destacar a Frank Capra (Xoán Ninguén, 1941; ¡Quebelo é vivir!, 1946; Un gánster para un milagre. 1961) e a Douglas Sirk (Só o ceo o sabe, 1955; Imitación ávida,1958).
4-Musical
En certo modo, cabería dicir que o equivalente máis exacto do orixinario melodrama teatral é o musical. O xénero cinematográfico musical caracterízase pola inserción de números cantados, xeralmente acompañados de danza.
Sen dúbida é nos Estados Unidos e na época dourada de Hollywood onde o musical produciu as súas mellores obras: Cantandobaixo a chuvia (Stanley Donen, 1952), Sete noivas para sete irmáns (Stanley Donen, 1954), West Side Story (Robert Wise e Jerome Robbins, 1961).
5-Cine do oeste
o cine do oeste (tamén coñecido como "cine de vaqueiros" ou "de indios e vaqueiros") narra a epopea da conquista das terras virxes do oeste dos actuais Estados Unidos de América. Ese "salvaxe oeste" non estaba completamente deshabitado senón que o poboaban as tribos indíxenas que, en boa medida, foron exterminadas logo do avance dos novos poboadores. As loitas entre os indios eas tropas do exército da Unión, os enfrontamentos entre gandeiros e agricultores e as accións de pistoleiros "fóra da lei" son algúns dos episodios deste xénero que ten algo da vella épica.
Entre os clásicos do xénero citemos A dilixencia (John Ford, 1939), Morreron coas botas postas (RaoulWalsh, 1942), Río vermello (Howard Hawks, 1948), Río de sangue (HowardHawks, 1952), Raíces profundas (George Stevens, 1953), Centauros do deserto (John Ford, 1956), Río Bravo (Howard Hawks. 1959), O homeque matou a Liberty Balance (John Ford, 1962), El dorado (HowardHawks, 1966).
6-Cine policial
En canto ao thriller ou cine policial, tamén échamado "cine negro ". Se o cine do oeste se desenvolve en grandes espazos abertos, o "cine negro" é o cine urbano por antonomasia . Os seus protagonistas son os policías e os delincuentes urbanos (como os gánsters). Do thriller policial derivou o chamado cinede suspense, no que o fundamental xa non é o enfrontamento entrepolicías e delincuentes senón a resolución dun misterio de carácter criminal.
Este xénero, como o anterior, é creación especialmente das grandes produtoras estadounidenses. Algúns clásicos do xénero son Scarface (Howard Hawks, 1932), O falcón maltés (JohnHuston, 1941), Caio longo (John Huston, 1942), O son o eterno (HowardHawks, 1946), A xungla do asfalto (John Huston, 1950). O gran renovador do suspense foi, sen dúbida, o director británico Alfred Hitchcock (Rebeca, 1940; Recorda, 1945; A xanela indiscreta, 1954; Vertixe, 1958; Coa morte nos talóns, 1959; Psicose, 1960; Os paxaros, 1963).
6-Cine de terror
Tamén garda relación co suspense un xénero que ten as súas propias características e historia: o cine de terror. A tradición deste xénero, a diferenza do thriller, non se move dentro do realismo (é dicir, baseado en historias que poderían ocorrer na vida real) senón da fantasía (historias nas que se imaxinan situacións e personaxes imposibles). A fantasía terrorífica ten creado figuras, inspiradas ás veces na literatura, como Drácula, o Lobishome, o monstro de Frankestein ou a Momia.
Xa na época do cine mudo apareceronas primeiras obras deste xénero como as xeniais O gabinete do doutor Caligari (Wiener, 1919) e Nosferatu o vampiro (Murnau, 1922). James Whale roda as dúas primeiras, e mellores, versións do mito de Frankestein: O doutor Frankenstein (1931) e A noiva de Frankenstein (1935).Hoxe é seguramente un dos xéneros con máis aceptación, sobre todo entre o público novo.
7-Cienciaficción
Dentro do cine fantástico, o subxénero da ciencia ficción caracterízase por ambientar as súas historias nun futuro imaxinario,onde son frecuentes as viaxes espaciais, a existencia de aparellos tecnolóxicos moi sofisticados como os robots e a visita de seres procedentes doutros planetas.
A película do director estadounidense Stanley Kubrick 2001 Odisea do espazo (1968) inaugura a mellor etapa deste xénero. Con anterioridade, o cine de ciencia ficción era considerado na súa maior parte "de serie B", é dicir, películas realizadas con baixo presuposto e escasas pretensións artísticas. O éxito da película de Kubrick e o desenvolvemento das novas técnicas de efectos especiais deron lugar a obras como Encontros na terceira fase (Steven Spielberg, 1977) Alien, ooitavo pasaxeiro (Ridley Scott, 1979), ET (Steven Spielberg, 1982)ou Blade runner (Ridley Scott, 1982).
8-Cine de aventuras
Non imos esgotar aquí a nómina dos xéneros cinematográficos. A lista podería estenderse considerablemente pero limitarémonos a falar, para concluír, do cine de aventuras. En realidade algúns dos xéneros citados antes,como o westem ou a ciencia ficción, poderían ser considerados lexitimamente subxéneros do xénero de aventuras. A aventura caracterízase por presentamos a heroes extraordinarios que viven situacións igualmente extraordinarias, cheas de perigos que a habilidade do heroe consegue finalmente superar.
Hai moitos tipos de aventuras, como as de ambientes exóticos ,que deron lugar a figuras tar populares como Tarzán; as de ambientación histórica,entre as que sobresaen as de capa e espada; as bélicas, sobre todo as situadas durante a 1ª e a 2ª guerras mundiais, ou en guerras máls recentes,como a de Vietnam.
9-Cine histórico.
Ás veces establécese a distinción entre o cine de aventuras de ambientación histórica e o chamado cine histórico. A diferenza estaría en que aquel se limita a situar no pasado unha aventura imaxinaria mentres que este último aspiraría a reconstruír con certa fidelidade os feitos realmente ocorridos e os grandes personaxes da historia. O certo é que, na maioría dos casos e fóra dalgunhas raras excepcións, a reconstrución do pasado histórico feita polos grandes estudios de cine non adoita ser moi fiable.
10-Cine de animación
O chamado cine de animación ten como principal característica que non está feito con actores e en espazos reais, senón que tanto os personaxes como os escenarios nos que desenvolven as súas accións son directamente producidos mediante algunha técnica de creación gráfica. As primeiras películas de animación tiñan como base o debuxo. Pero nos últimos anos o desenvolvemento da infografía e a animación dixital permiten xa a realización de películas a partir de imaxes xeradas por ordenador. En canto aos contidos, en principio calquera tema podería ser transmitido mediante imaxes animadas e, polo tanto, poderiamos atopar tanto dramas como comedias, musicais, aventuras ou calquera dos xéneros dos que levamos falado. Non obstante, o máis habitual entre as películas de animación son as historias fantásticas, moitas veces protagonizadas por animais antropomorfizados, e dirixidas especificamente a un público infantil, aínda que, desde logo, tamén hai películas animadas para público adulto.
O grande impulsor do cine de animación foi, sen dúbida, o estadounidense Walt Disney, creador dunha auténtica factoría na que, desde a realización da primeira longametraxe de debuxos animados (Brancaneves e os 7 ananiños, 1937), vén realizando periodicamente novas películas xeralmente inspiradas en contos tradicionais ou relatos populares. Nos últimos anos apareceron novos estudios cinematográficos que, por vez primeira, están a retar a hexemonía da factoría Disney, como Pixar (ToyStory, 1995) ou DreamWorks (Formigaz, 1998; Shrek, 2001). E non podemos esquecer a aparición recentísima en Galicia de dúas produtoras decine de animación que estrearon con grande éxito dúas longametraxes: O bosqueanimado (2001) e O Cid. A Lenda (2003).
11-Xénero documental
Non debemos esquecer un xénero que,aínda que xeralmente non é moi comercial, ten tras de si unha longa traxectoria todo ao longo da historia do cine. Referímonos ao xénero documental. O cine documental, como dá a entender a palabra coa que o designamos, aspira a ser un "documento"da realidade, tal e como esta é. É dicir, non é ficción nin tampouco a reconstrucción dun feito ocorrido por medio de actores. Son os feitos mesmos recollidos directamente pola cámara e protagonizados polas mesmas persoas que os teñen vivido. Moitas veces o documental non recolle feitos realizados por persoas, senón a vida dos animais ou as paisaxes naturais.
En certo modo, poderiamos dicir que o documental foi o primeiro xénero do cine: as películas dos irmáns Lumiére proxectadas na inaugural sesión de París de 1895 eran documentais que amosaban a saída dos obreiros dunha fábrica ou a chegada dun tren á estación. O estadounidense Robert Flaherty é considerado o auténtico pai do documental, a partir das súas extraordinarias películas Nanook o esquimal (1922),Moana (1925) e Homes de Aran (1934).
12-Cine de autor
Como xa apuntabamos antes, as obras de moitos grandes creadores de cine dificilmente se deixan encadrar nas características prefixadas dos xéneros. Ademais de que é cada vez máis frecuente o cruzamento entre distintos xéneros. Nos anos sesenta do pasado século produciuse, sobre todo en Europa, unha reacción contra o cine industrial orientado en exclusiva á consecución do éxito comercial. Isto deu lugar a un fenómeno chamado cine de autor, un cine no que a vontade de creación artística se situaba por riba das preocupacións comerciais e, polo tanto, á marxe da resposta do público . Este cine raramente se atiña aos moldes propios das características de xénero. Pero, en realidade, non hai que esquecer que, desde os inicios do cine, xa se presentaron creación s de cine experimental ou de vangarda, como as películas realizadas nos grupos próximos ao smovementos expresionista e surrealista. Vistas hoxe, as dúas primeiras películas do gran director aragonés Luís Buñuel (Le chíen andalou, 1928e L'age d'or, 1930) seguen resultando radicalmente innovadoras.