Breve historia do cine
Brevehistoria do cine europeo e norteaMERICANO
Nado nos derradeiros anos do século XIX, o cinemaconverterase, ao longo do século XX e até os nosos días, na máis nova e comúnexpresión artística de todas e as culturas, o cal demostra a súa universalidade.Unha arte que, ademais - e a diferenza das tradicionais -, vai chegar a todo omundo, a todas as clases sociais e a todas as mentalidades, independentementedo seu nivel cultural ou económico, da idade ou da relixión dos espectadores.Os galegos imos ao cine, mais tamén van os franceses, os ingleses, os suecos,os chineses, os xaponeses, os hindús, os tailandeses, os exipcios, os estadounidenses, os arxentinos ou os australianos. A todos, e en todos oslugares, nos gusta o cinema. Daquela, falamos dunha arte e, asemade, dun espectáculo de masas e, por iso mesmo, tamén dunha grande industria (aconformada polas empresas de produción que pagan as películas e que non querenperder cartos ao facelas) e dunha actividade comercial que se estende por todoo mundo (a que desenvolven os distribuidores que fan chegar os filmes áscidades e vilas; e mais os exhibidores, os donos das salas onde as vemos proxectadas). Tamén sabemos que, na nosa época, fomos dispoñendo doutros medio spara ver as películas ademais da sala de cine: primeiro foi a televisión; logoo vídeo: máis tarde o DVD e o ordenador...
Pero isto non sempre foi así, nin as películas foronsempre como hoxe as coñecemos. Daquela, imos saltar cara a atrás no tempo para coñecermos como xurdiu todo e de que maneira foi evolucionando.
Cumpriría empezar, xa que logo, por saber quen inventou ocinema. Verbo desta cuestión existiron moitas discusións, porque foron variosos países que reclamaron para si a paternidade do invento ao ter convividodurante algúns anos diversos sistemas de captación e reprodución de imaxesanimadas.
Os estadounidenses mantiveron que o invento se debía a ThomasAlva Edison, quen desenvolvera o quinetoscopio, mentres que osalemáns atribuíanlle a orixe do cine ao bioscopio inventado polos irmánsMax e Emil Skaladanowski. Pola súa banda, os ingleses presentaban o animatógrafode Robert William Paul como o sistema pioneiro. Ben é certo quetodos estes sistemas (e aínda outros funcionaron, e mesmo coñeceron unha vidamáis ou menos longa como espectáculos públicos. Máis e sistema que triunfou foio cinematógrafo que desenvolveron dous empresarios da fotografíafranceses os irmáns Auguste e Louis Lumiere. Tal é o sistema que, enesencia - aínda que con moitas modificacións -, perviviu até hoxe. Os Lumierepresentaron as primeiras peliculiñas filmadas co seu cinematógrafo nun café (o GrandCafé) de París o 28 de decembro de 1895. Esa foi a primeira sesión públicade cine, celebrada hai agora máis de 110 anos.
Ao primeiro, os filmes eran moi curtos (de aí que assesións ofrecesen un programa constituído por varios) e non tiñan son; ademaiseran en branco e negro. As cámaras (que non se movían) tamén eran diferentes:non tiñan motor e había que rodar as imaxes a golpe de manivela. Por iso,aqueles primeiros operadores tiñan que ser moi hábiles e xirar o manubrio ávelocidade acaída cando filmaban, o mes nos até os nosos días, na máis nova ecomún expresión artística de todas mesmo que os proxeccionistas cando ensinabanas películas. Era este un detalle fundamental, porque del depende a sensaciónde movemento que percibimos nos filmes (o mesmo que cando, por exemplo, facemospasar rapidamente as páxinas nas que temos debuxado unha figura en diferentesposicións). Durante aquelas primeiras décadas, esa velocidade de paso eradiferente á que hoxe coñecemos, de xeito que por cada segundo desfilaban diantedos nosos ollos 16 imaxes (fotogramas), mentres que despois esa cadencia pasoua ser de 24 imaxes por segundo.
A meirande parte daquelas primeiras películas eran detipo documental: os Lumiere - e logo outras empresas - recrutaron a unequipo de camarógrafos que percorreu o mundo tomando imaxes (que chamaban"vistas") dos máis diversos lugares, que asemade ían ensinando alípor onde paraban. En Galicia, por exemplo, a primeira sesión do cinematógrafoLumiere, que tivo lugar no Teatro do Liceo de Pontevedra o 17 de abril de 1897,ofreceu o seguinte programa:
Primera parte
1° Trabajos de campo.
2° Banquete curioso.
3° Bomberos en Londres. 4° Una escena en Argel. 5° Duelo a muerte.
6° Caballería española.
Segunda parte
1° Un jardinero sorprendido.
2° Embajadores en Budapesth. 3° Llegada de un tren.
4° Carreras en saco.
5° Batalla de nieve.
6° Coraceros franceses.
(El Diario de Pontevedra, 19 de abril de 1897)
Aopúblico daqueles primeiros tempos encantábanlle esas vistas, porque a travésdelas podía coñecer lugares de lonxe, xentes e costumes moi diferentes,acontecementos sinalados (aínda faltaba moito para a chegada da televisión).Mais, pasada a atracción inicial polo novo prodixio, comezou a aburrirse emoitos dos cineastas pioneiros acordaron abordar a realización de películas deasunto, ou sexa, que contasen historias.
EnFrancia, un mago e ilusionista chamado Georges Mélies construíu unestudio no que, dende 1896 até 1912, rodou unha chea de películas ateigadas defantasía. Case podemos dicir que foi o inventor dos efectos especiais(utilizaba trucos de cámara, maquetas, coloreaba a man as súas películas...).As súas obras máis coñecidas foron Viaxe a través do imposible (1904)e aquelas que se inspiraron nas obras do escritor Julio Verne, como Viaxe áLúa (1902) ou 20.000 leguas baixo o mar (1907). Polodemais, a súa duración xa era moito maior que a das anteriores vistas das quefalabamos, malia que a cámara aínda permanecía inmóbil e situada fronte ásescenas, como se asistísemos a unha función teatral.
Taménpor aquela época houbo en Inglaterra un grupo de cineastas que comezaron ainvestigar novas posibilidades para a nacente arte do cine. Coñécense como a Escolade Brighton porque todos eles traballaron nesa cidade inglesa ou na súabisbarra. Eles foron os primeiros en demostrar que, para narrar unha historiaou contar un suceso, era moito mellor recorrer aos movementos de cámara, áalternancia de escenarios e mais aos planos (encadres) de diferente tamaño(botando man do primeiro plano, po rexemplo). Noutras palabras: estaban a poñer os rudimentos dunha auténtica narrativacinematográfica. Os máis coñecidos da escola foron James Williamson - quefixo películas como Ataque na estación misioneira chinesa (1900) e iDetedeo ladrón! (1901) - e Cecil Hepworth - con Rescatado porRover (1905)
NosEstados Unidos atopamos a Edwin S. Porter, un home moi importante naevolución do cine desde que, en 1903, presenta dous filmes, Salvamento dunincendio e Asalto e roubo a un tren, nos que xadesenvolve principios como os da acción, o suspense ou o drama, recursos quehan ser fundamentais para captar a atención do espectador e ofrecerlleemocións.
Endiante, o cinema faise máis e máis popular tanto en Europa como nos EstadosUnidos. Póñense de moda, por exemplo, as películas 'de episodios' (que erancomo as series de televisión, pero nas salas de cine), sobre todo as policiaise de misterio, que ían ofrecendo unha nova entrega cada semana. Tamén gustanmoito as comedias (películas de risa) e os filmes do oeste (os de vaqueiros,que os norteamericanos chaman westem). Os principais actores e actricescomezan a ser moi coñecidos. Como a xente demanda cada vez máis películas,xorden grandes compañías de produción que constrúen os seus propios estudios(que albergan os decorados, os medios técnicos, o persoal, etc.) nos que serodan os filmes. En Europa, as produtoras máis importantes van ser, nunprimeiro momento, as francesas, mentres que nos Estados Unidos imos coñecerdúas etapas: a primeira, que chega máis ou menos até os anos 1912-1915,corresponde ao dominio das empresas situadas en Nova York; a segunda comeza cotraslado a Hollywood (na outra parte do país, en California) dunha serie deempresarios que se converterán nos grandes magnates do cine durante moitasdécadas, logo de fundar os seus grandes estudios cinematográficos.
Entrementres,os locais onde se exhibían as películas non foron sempre os mesmos. Nosprimeiros tempos, as películas adoitaban proxectarse en salóns ou caféssituados no centro das cidades. Despois pasaron ao campo da feira, onde seexhibían - a carón das outras atraccións - en barracóns e pavillónsconvenientemente axeitados. Andando a primeira década do século pasado e amedida que o cine enfeitizaba a xente de todas as idades e clases sociais, osfilmes comezaron a ocupar as programacións dos teatros para, decontado, pasar adispoñer dos seus propios locais diferenciados. Nacían así as salas de cine tale como nós as coñecemos.
Chegadaa década dos anos 20, o cinema coñece o seu primeiro gran período de esplendor.Por unha banda, os grandes estudios de Hollywood (e, con eles, as súasestrelas) triúnfan no mundo facturando películas que procuraban, diante detodo, ofrecer historias atraentes, apaixonantes e doadamente recoñecibles polosespectadores (de aí que organicen a súa produción coma se dunha fábrica setratase, baseándose no que hoxe coñecemos como xéneros cinematográficos: comedia,drama, western, terror, histórico, bélico..., que realizaban equiposespecializados). En Europa, as cousas eran un chisco diferentes: aínda quetamén se facían películas para entreter, xorden unha serie de movementoscinematográficos conectados ás vangardas artísticas que daquela agromaran novello continente. De aí que se fale da escola cinematográfica impresionista(encabezada por Louis Delluc,), do cine expresionista (con directorescomo Robert Wiene, F. W. Murnau e Fritz Lang) ou do surrealista (con LuisBuñuel como figura sobranceira), entre outros. Non podemos esquecer ascontribucións dos cineastas nórdicos (o finés Stiller e o sueco Sjostrom)nin, dende logo, os moi importantes cineastas que traballaron na aínda novaUnión Soviética (nomeadamente, Kulechov. Vertov, Eisenstein e Pudovkin), queprocuraron - e acadaron - un cinema revolucionario, deseñado para transmitirmensaxes e ideas a través dunha nova linguaxe (desenvolvendo novas técnicas demontaxe das imaxes que logo han ser recollidas polos cineastas doutraslatitudes).
Notránsito desa década dos 20 á seguinte dos 30, incorpórase un elemento esencialde cara á definitiva configuración da linguaxe cinematográfica: o son. Nondebemos perder nunca de vista o feito de que a evolución estética e narrativado cinema ten discorrido en paralelo coa dos elementos técnicos que oconforman. Así, a chegada, a mediados dos anos 30, de diversos procedementos decine en cor; o recurso, a partir dos anos 50, a pantallas cada vez máis grandesnas salas e mais o posterior desenvolvemento de sistemas de son cada vez máisprecisos e potentes (do son estereofónico ao dixital dos nosos días),contribuíron non só a enriquecer a realización e visión das películas, senónque tamén foron utilizados polo cinema para loitar contra o seu novo gran rivala partir de 1946: a televisión.
Retomandoo noso percorrido, sinalemos que, dende eses anos finais da década dos 20 atémediados dos anos 50 aproximadamente, o cine hollywoodiense coñece unha épocana que o seu modelo narrativo acada tales niveis de perfección que osespecialistas deron en chamalo "cine clásico" ou "clasicismocinematográfico". Pola súa banda, os cineastas europeos tamén procuraronos seus propios camiños de expresión reparando preferentemente na realidade queos rodeaba, nos acontecementos políticos, nos problemas sociais. Eses interesesestendéronse tanto ao eido documental (coa corrente documentalista inglesa, porexemplo) como ao da ficción, no que agroman tendencias como a do realismofrancés (cun gran cineasta como Jean Renoir á fronte) ou o neorrealismoitaliano (no que un feixe de novos directores - Visconti, Rossellini, DeSica - reflicten o estado do seu país e das súas xentes durante e despoisda Segunda Guerra Mundial). Por suposto, existiron durante todo este período, aunha e outra beira do Atlántico, cineastas moi singulares e difícil menteencadrables nalgún modelo ou tendencia que achegaron novas formas de expresiónao medio cinematográfico, facéndoo evolucionar: aquí teriamos que citar nomescomo os de Orson Welles, Carl Theodor Dreyer ou, máis adiante, AlfredHitchcock (a quen se debe, en Norteamérica, o paso do cine clásico aomoderno).
o período que abrangue os últimos anos 50 e adécada dos 60 foi moi movido. Nos Estados Unidos, o sistema clásico dos grandesestudios entra en crise e dá paso a unha nova xeración de cineastas formada nauniversidade ou procedentes da televisión. Xorden novas produtoras máispequenas que propoñen outros temas, así como directores que, como StanleyKubrick, aspiran a desenvolver outro tipo de cine. Mesmo, chegados osúltimos anos 60 e até mediados dos 70, se produce un movemento alternativo áindustria do cinema convencional que foi coñecido como "cineindependente" (ou underground) estadounidense. En Europa, dúascinematografías destacan por enriba das demais: a italiana, cunha serie decineastas que deixan atrás o neorrealismo para atopar novos vieiros expresivos (Fellini,Antonioni, Bertolucci...); e a francesa, onde ten lugar un novo movementocinematográfico, chamado a "nova onda", destinado a cambiar moitosdos conceptos establecidos, entre eles o de director cinematográfico, que pasaa ser considerado un "autor" con total control sobre a súa obra. Anova onda francesa tivo en Godard, Truffaut, Rohmer, Malle, Resnais, Rivettee Chabrol os seus nomes máis sobranceiros. Todos el es fixeronpelículas sensibles, sinceras e intelixentes, que puxeron en pé ás veces conmoi poucos medios (adoitaban rodar en escenarios naturais) e nas que atendíanpreferentemente ás vidas, ilusións e problemas da xente do seu tempo dende unhanova óptica. O éxito do modelo chegou a outros países europeos, os calesdesenvolveron - cada un ao seu xeito - os seus respectivos "novoscines" (de feito, mesmo en España falamos do 'novo cine español').
Apartir dos anos 70, moitas cousas cambian. Desaparecidos en Estados Unidos osgrandes estudios da época clásica (ou mercados por grandes corporación smultinacionais), o cinema encamíñase alí cara a vieiros cada vez máis seguros,máis comerciais e, ao mesmo tempo, máis espectaculares. concedéndolle cada vezmáis prioridade aos aspectos técnicos (cunha incrible evolución dos efectosespeciais) sobre os narrativos. Noutras palabras: semella importar máis como secontan as historias que as historias que se contan. Todo o cal non quere dicirque non xurdisen novos e poderosos cineastas: cando remata a década e entran osanos 80 comézase a falarse do "neohollywood", do que os seu s máiscoñecidos representantes son George Lucas e Steven Spielberg (mais haioutros nomes como os de Martin Scorsese ou Francis Ford Coppola). Oraben, o cinema norteamericano das últimas décadas figura máis preocupado enxeral por manter o seu dominio no aspecto comercial que por ofertar novasposibilidades artísticas. Así e todo, seguen a existir vellos e novos cineastas(Clint Eastwood, Robert Altman, Woody Allen, John Carpenter, John Sayles,David Lynch, Tim Burton, Sam Mendes, Paul Thomas Anderson... ou oscanadianos David Cronenberg, Atom Egoyan e Denys Arcand) preocupadospolo desenvolvemento dunha carreira coherente e valiosa. O mesmo que en Europa(con nomes como os de José Luís Guerin Víctor Erice, Julio Medem,Pedro Almodóvar, Olivier Assayas, Lars Von Trier, Emir Kusturica, MichaelHaneke, Wim Wenders, Bertrand Tavernier, Theo Angelopoulos ou AkiKaurismaki, entre outros), onde as circunstancias tampouco foron fáciles.Incapaz de competir economicamente co cine norteamericano, o europeo depende engran medida das políticas que artellen os gobernos dos distintos países paraprotexer a produción. Tamén aquí coñecemos un período de indefinición no que,necesitado de atopar un público estable, o cine europeo abala entre as fórmulascomerciais e o seu tradicional trazo de autor.
Non esquezamos, para rematar, que o cinema non é soamente un marabilloso espectáculo que nos mergulla noutras vidas ou noutros mundos, que nos entretén,nos conmove ou nos fai soñar. Tamén é (e foi sempre, como vimos) un medio deexpresión artística e, non menos importante, un instrumento de coñecemento,unha fonte histórica que, a través das películas, nos conecta cos principais acontecementos sociais e políticos, coas correntes de pensamento, cos conflitos, problemas e transformacións do século que vén de rematar e do queagora comeza. Teñámolo sempre en conta.