As posibilidades creativas do director enriquécense cos movementos de cámara.

A-Panorámica: é o movemento máis sinxelo, consiste na rotación da cámara sobre o seu propio eixo.

-Panorámica de acompañamento

-Panorámica de relación

B-Travelling: No movemento de travelling desprázase toda acámara

-Travelling de acompañamento

-Travelling de retroceso

-Travelling de avance.

C-Zoom: O movemento de travelling pódese confundir comovemento de zoom, pero o resultado visual en ambos casos é moi diferente.

Co zoom cámara non semove, o achegamento ou alonxamento conséguese ó variar os lentes da cámara,modificando a distancia focal.

Co travelling a distancia focal non varia, o obxectivo abarca sempre o mesmo ángulo.

O zoom manipula a perspectiva

O travelling respecta o espazo real.

A elección dun ououtro indica unha diversa concepción estética.

D-Grúa: O movemento máis complexo realízase coa grúa.A grúa permite o desprazamento simultáneo da cámara nas tres dimensiónsespaciais.

Os movementos de cámara cando non son de acompañamento de personaxes teñen unha grande carga emotiva, actúan sobre todo aquelo do que se achegan ou alonxan.

Na secuencia da película “Recorda” un travelling introduce ó espectador no soño do protagonista para acentuar o carácter onírico da narración a cámara móvese cunha determinada cadencia continua.

http://www.youtube.com/watch?v=4q0gUjj5qPY
Última modificación: xoves, 9 de novembro de 2017, 11:01 AM