Ó cine antigo chegáballe coa fascinación das imaxes en movemento, non había planificación nin movementos de cámara.

Sen embargo xurdiron cineastas que contribuíron a que o novo medio fora adquirindo unha linguaxe propia “a linguaxe das imaxes en movemento”.

O TEMPO
Os relatos audiovisuales desenvólvense no tempo: o tempo da acción que se conta e o tempo que dura a narración desa acción.

Plano e Toma:
O plano selecciona a realidade espacial mediante a cámara. Esta selección implica, á súa vez, a creación dun espazo dentro do cadro e outro fóra denominado fóra de campo

Toma refírese a todo o material gravado, ou filmado, desde que a cámara ponse en marcha ata que se detén.


A Escena:
A escena desenvólvese nun mesmo espazo ou decorado e ten unha unidade de significado dentro da totalidade do discurso. Unha escena pode estar resolta cun ou varios planos. Cando se resolve cun só plano estamos ante o denominado planosecuencia.


A Secuencia:
Ordena diferentes escenas breves en función do seu significado. A diferenza da escena, pode presentar pequenas elipsis. A secuencia, pois, inclúe diferentes escenarios sempre que se manteña unha unidade de significado. Tamén pode estar resolta nun único plano, o chamado plano-secuencia anteriormente mencionado.


O plano-secuencia:
Ten, do mesmo xeito que a secuencia, unha unidade de sentido, pero diferénciase dela en que non existe fragmentación en planos, a cámara realiza toda a secuencia nunha mesma toma.



Plano máster:
É un plano gravado en continuidade como o anterior, pero coa intención de efectuar posteriormente insertos sobre el á hora da montaxe. Por exemplo, podemos gravar o plano master dun químico agregando determinados reactivos (plano master) e logo gravar planos detalle das reaccións, as cales á hora da montaxe utilizaremos como insertos. Deste xeito, teremos un continuo da acción e uns insertos que servirán como aclaración de determinadas partes da mesma.

Última modificación: xoves, 9 de novembro de 2017, 11:01 AM