Comezamos

   

      O éxito desta Expedición é un traballo en equipo, seguro que xa te decataches diso... cada un dos que están a bordo  teñen unha misión e unha función moi importante.

   Sen embargo, Isabel Zendal e os nen@s, representan o maior tesouro a protexer de toda a expedición, sen eles/elas a misión non tiña ningún sentido. Por unha banda, os nen@s, porque son os portadores da vacina e por outra, Isabel Zendal, encargada de coidal@s, alimental@s, controlal@s, evitar que se contaxiasen entre eles, protexel@s,...e tamén, como non, de entretel@s.

Por iso, imos darlles o protagonismo que merecen a uns tripulantes aos que a historia non llelo recoñeceu!

 

  

   

Vostede completou o 0% da lección
0%