
O éxito desta Expedición é un traballo en equipo, seguro que xa te decataches diso... cada un dos que están a bordo teñen unha misión e unha función moi importante.
Sen embargo, Isabel Zendal e os nen@s, representan o maior tesouro a protexer de toda a expedición, sen eles/elas a misión non tiña ningún sentido. Por unha banda, os nen@s, porque son os portadores da vacina e por outra, Isabel Zendal, encargada de coidal@s, alimental@s, controlal@s, evitar que se contaxiasen entre eles, protexel@s,...e tamén, como non, de entretel@s.
Por iso, imos darlles o protagonismo que merecen a uns tripulantes aos que a historia non llelo recoñeceu!