Meteorización
| Sitio: | Aula Virtual do IES do Barral |
| Curso: | Paisaxe e relevo (Álvaro Groba) |
| Libro: | Meteorización |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | luns, 29 de decembro de 2025, 12:23 PM |
Descrición
A meteorización é a rotura e disgregación das rochas realizada polos axentes atmosféricos.
A meteorización
A meteorización é a descomposición, rotura e disgregación das rochas realizada polos axentes atmosféricos (cambios de temperatura, humidade...) e polos seres vivos.Supón o primeiro paso na modelaxe do relevo que posteriormente realizarán os axentes xeolóxicos externos.

Axentes da meteorización
A meteorización é producida por:1.- Os axentes atmosféricos:
a) a humidade, que disolve algún dos minerais que forman as rochas e
tamén provocan reaccións químicas que alteran os minerais, diminuíndo
a resistencia da rocha.

b) Os cambios de temperatura producen dilatacións e contraccións que
poden chegar a fender as rochas.
c) A conxelación da auga que se infiltra nas fendas das rochas sométeas a
fortes presión que acaban por rompelas.
d) O osíxeno atmosférico que oxida algúns minerais das rochas.
e) Os seres vivos, mediante as raíces dos vexetais que penetran nas fendas
das rochas e terminan rompéndoas, pero tamén mediante substancias
que segregan os seres vivos que producen a disolución ou
descomposición dos minerais das rochas.

Tipos de meteorización
Os procesos de meteorización clasifícanse en tres grupos:1.- Meteorización mecánica: prodúcese cando as rochas se fragmentan por
contracción e dilatacións, presión debida a conxelación da auga e impactos
doutras rochas.


2.- Meteorización química: prodúcese cando as rochas se fragmentan debido a
reaccións químicas que alteran os minerais que as constitúen.





3.- Meteorización biolóxica: debida á acción dos seres vivos, como as raíces
das árbores, ou as plantas, algas, fungos e liques que producen substancias
químicas que alteran algúns minerais.



Formación do solo
A alteración e disgregación das rochas (meteorización) produce un conxunto de fragmentos ou clastos. Estes fragmentos de pequeno tamaño son colonizados por seres vivos (liques, fungos, bacterias), que continuan coa alteración.

A descomposición dos restos destes seres vivos engade un compoñente máis a este sustrato, a materia orgánica. A mestura dos compoñentes minerais procedentes da rocha e dos compoñentes orgánicos procedentes dos seres vivos forman o solo.

Neste incipiente solo instálanse os vexetais que intensifican o proceso de formación do solo, constituíndo despois de millóns de anos un solo maduro e profundo, estructurado en capas ou horizontes.


