Clima e paisaxe
Vexetación e fauna
O clima vai determinar o tipo de vexetación que se desenvolve nun lugar determinado. E a vextación, a súa vez, determina a fauna.
Asi nas zonas de clima mediterráneo (invernos suaves e veráns moi secos), a vexetación está adaptada a forte seca estival: perennifolia, de follas pequenas e cubertas de pelos, espiñas... As árbores representativas son a aciñeira, piñeiros, sobreiras, oliveiras e ciprés. Os arbustos son moi abundantes (romeo, xara, mirto, albedro...).
Nas zonas con clima continental e precipitación concentradas nunha época do ano desenvólvense as pradeiras (pampa, estepa, sabana), nas que as especies vexetais predominantes son as herbáceas (gramíneas), e por tanto, son abundantes os grandes rabaños de herbívoros (cabalos, antílopes, gacelas...), os seus depredadores (lobo, coiote, leopardos...), roedores e réptiles.
Nas zonas de clima temperado e húmido, a vexetación caracterítica son as árbores caducifolias (carballo, castiñeiros, faias, pradairos, amieiros, bidueiros).

Nas zonas moi frias, a vexetación e de crecemento moi baixo para protexerse do frío (musgos, liques) e a fauna é escasa (renos, caribús, lebres e raposos árticos..).
Se os verán son suaves, poden medrar as árbores, orixinando os bosques de coníferas (piñeiros, piceas, abetos) que presentan adaptacións aos ventos fríos e a neve (forma cónica, follas pequenas, aciculares, duras e enceradas...).
Nas rexións de clima cálido e seco (deserto), a vexetación é escasa, predominando os arbustos abertos, espaciados, con polas que medran próximas ao chan, follas pequenas, talos e follas acumulan auga.
Nas zonas de clima cálido e húmido a vexetación desenvólvese de xeito exuberante, orixinando o bosque tropical.
![]()